Onte 58: Praza Pública
A presentación do proxecto de Praza Pública supón unha inxección de entusiasmo e de corresponsabilidade que moito debemos agradecer. Marcos Pérez Pena, Manuel M. Barreiro e Filipe Díaz, tres persoas con identidade dixital sólida, promoven un xornal dixital que pretende estar vencellado coa súa comunidade de lectores e lectoras. Na capacidade de crear ese vínculo colaborativo, eses milleiros de mans que se pretenden enlazar neste anceio compartido, reside a clave dun proxecto baseado, tamén e inequivocamente, no pluralismo, na independencia do traballo dos profesionais e na lealtade coa lingua e cultura galegas. A posibilidade de colaboración outros proxectos xa na rede ou con outros en xestación, como a intención dos promotores (anunciada onte na presentación) de acometer a edición estendida impresa dalgúns dos contidos dixitais, son outros motivos para apoiar decididamente esta xanela para a esperanza. Benvidos á Praza Pública!



Como xa adiantei na tertulia da noite do luns, o 
Despois de asistir como convidado á convención de Cultura do BNG (
A viguesa libraría Librouro encheuse na 
Despois de rematar a magnífica presentación do libro de ensaio de 
Non defraudou 