Pregón da Feira do libro de Vigo 1982: Uxío Novoneyra e os libros
/en 17_de_maio, Autores, Bibliotecas, Blogs, Libro, Promoción do libro, Recurso_didáctico/por bretemasRecollemos do blog da Biblioteca do IES As Mariñas esta extraordinaria anotación sobre o pregón pronunciando por Uxío Novoneyra na Feira do Libro de Vigo en 1982. Un grande documento para a historia da edición en Galicia.
«O libro, certos libros facilítanlle ó home a máis crítica e veraz información frente os medios de comunicación de masas dominados polo poder ou polos intereses dos que o detentan. Claro que a información nos libros ás veces chéganos demasiado tarde pra asistirnos no intre dunha urxencia de decisión que si a demoramos pode vir demasiado tarde. Pero hai tamén decisiós ou tomas de postura pra longo que nos deixan tempo. E aí sigo o sitio do libro reflexivo e máis fiable.
Libros contra a soedade do home.
Libros contra a desinformación.
Libros contra a malformación.
Libros contra libros.
Libros pra soñar i adiantar o posible.
Libros pra saber que as nosas dores non son solo nosas e pra mover a solidaridade que a nós tamén alcance.
Libros pra avantar.
Libros pra volver ó orixen.
Libros pra ler unha vez.
Libros pra ler máis veces.
Libros pra ver outro camiño, que pudo ou que pode ser o noso.
Libros pra erguerse.
Libros pra sentir indignación.
Libros pra sentirse culpabre.
Libros pra sentir o novo que está surxindo noutro sitio e que nos pode chegar, que nos chegará.
Libros pra suscitar.
Libros pra alentar.
Libros pra non cair baixo a trivialidade do exterior cotidiano.
Libros pra ser libres (importante).O libro tamén teñe unha especial siñificación si pensamos concretamente en Galicia, na reivindicación da nosa patria e da nosa lengua, na verdade depositada na nosa lengua. A moderna cultura galega, a moderna concencia galega, fíxose primordialmente a base de libros.» Uxío Novoneyra
Os nosos maiores parabéns para o blog da Biblioteca do IES As Mariñas tanto pola recuperación de tan formidable texto de Novoneyra como polo traballo de promoción do libro galego que veñen promovendo.
Outra formidable anotación sobre Novoneyra é estoutra que publica hoxe Xosé Manuel Pereiro.
«Metamorfosis de la lectura», ensaio esencial de Román Gubern
/en Historia, Internet, Lectura, Libro, Literacidade/por bretemasNo proceso de tránsito entre o paradigma analóxico e dixital da comunicación cultural que estamos vivindo son moi necesarias as reflexións sobre o devir do propio proceso. Á abondosa bibliografía sobre a cuestión engádese Metamorfosis de la lectura, un ensaio esencial de Roman Gubern sobre a prolongada evolución textual protagonizada pola humanidade ao longo da súa historia. Papei as cento e vinte páxinas do libro en apenas dúas sentadas. Deslumbráronme os primeiros catro capítulos, referidos aos aspectos bioantropolóxicos do agromar da nosa cultura (un enfoque moi novidoso), dende o desenvolvemento das linguaxes, a escritura e os alfabetos, deica esa creación civilizatoria maxima que supuxo o libro, nas súas diversas aparencias: papiro, códice e impreso. Especialmente fermosos son os dous capítulos nucleares do ensaio, o terceiro, referido á epifanía do libro, e o cuarto, no que se aborda cunha claridade abraiante o período de apoxeo do libro impreso, os séculos XIX e XX. Gubern, un auténtico sabio, é capaz de ofrecer en apenas setenta páxinas unha fascinante historia da lectura, o libro e os movementos literarios a eles asociados. Gubern faino abordando o esencial, sen aborrecer con erudición académica, propoñendo ademais conceptos operativos (como o da «cadea enunciativa» da circulación social da escritura) que facilitan comprender mellor o momento de tránsito e toda a súa fraxilidade. Porén, chegado ao derradeiro capítulo («Da computadora ao libro electrónico»), Gubern sen abandonar a súa capacidade analítica para describir con acedume o fenómeno do «pantallismo contemporáneo» nin perder a posibilidade de bautizar a crise actual como a «Gran Recesión», queda posuído pola vertixe e fraxilidade da cultura dixital e renuncia a propoñer un espazo prospectivo e expresa, apenas, que «os soportes analóxicos e dixitais convivirán«. Máis decepcionante, aínda, son as dúas páxinas finais do ensaio nas que si se atreve a propoñer un decálogo das vantaxes ou atractivos do libro impreso sobre o electrónico, que non está á altura da lucidez dun texto chamado a converterse en referente sobre a cuestión. No entanto, recoméndoo moi vivamente, é un dos libros sobre libros máis interesantes dos que teño gozado nos últimos anos.
Os libros, unha prótese para lembrar
/en Libro, Memoria/por bretemasSobrevivimos por uns fráxiles anos, aínda, despois de mortos, na memoria de outros, mais tamen esa memoria persoal, con cada instante que pasa, está sempre máis cerca de desaparecer. Os libros son un un simulacro de recordo, unha prótese para lembrar, un intento desesperado por facer un pouco máis perdurable o que é irremediablemente finito.
Fragmento da memorable novela de Hector Abad Faciolince, El olvido que seremos, na que levo mergullado varias horas. Moi interesante.
Grazas a Gracia pola súa recomendación.
«Imaxínate»: Feliz Día do Libro
/en Eventos, Libro, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemasContinúa gustándome esta canción de Migallas. Celebremos mañá con ledicia este Día do Libro en tempos de crise económica e da edición cultural, ao que non é alleo, tampouco, o tránsito entre soportes. O miolo do libro está no contido e no protagonismo do lector ou da lectora.
Book, tecnoloxía punta
/en Libro, Libro_electrónico, Literacidade, Vídeos/por bretemasVía: leerestádemoda
Presente e futuro do Libro Galego
/en Eventos, Libro/por bretemasMañá pola mañá estaremos no foro «Presente e futuro do Libro Galego» organizado por El Correo Gallego. A partir das 12.00 participarei nunha mesa redonda sobre «Innovación e novas tecnoloxías no libro galego» na que acompañarei aos editores Carlos Lema e Juan Blanco Valdés, cao director de cultragalega.org Manuel Gago e co presidente do Clúster do produto gráfico Jacobo Bermejo, todos os catro admirados profesionais da edición e bos amigos.
A evolución do libro
/en Bibliotecas, Historia, Imaxes, Libro, Recurso_didáctico/por bretemasTirado e Bibliotecários sem fromteiras. Vía Booktailors, obrigado.
Edición e actividade editorial
/en Blogs_e_libros, Comercio do libro, Edición, Editores, Libro, Recurso_didáctico/por bretemasHoxe comezamos a nosa docencia do módulo «Edición e actividade editorial» no Mestrado en Edición das Universidades de Vigo e Santiago. Velaí a bibliografía básica que propoñemos manexe o alumnado durante estas catro semanas:
Fontes impresas libros:
- Blanco Valdes, Juan (2009): Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica, Xerais
- Cassany, Daniel (2006): Tras las líneas. Sobre la lectura contemporánea. Anagrama.
- Cesari, Severino (2009): Conversaciones con Giulio Einaudi. Trama (Hai edición anterior de Mario Muchnik)
- Davies, Gill (2005): Gestión de proyectos editoriales. Fondo de Cultura Económica
- Echenoz, Jean (2009): Jérôme Lindon, mi editor, Trama
- Epstein, Jason (2003): La industria del libro. Pasado, presente y futuro de la edición. Anagrama
- Gil, Manuel; Jiménez, Francisco J (2009): El nuevo paradigma del sector del libro, Trama
- Martínez de Souza, José (2005): Manual de edición y autoedición. 2ª ed. Pirámide
- Mascheler, Tom (2009): Editor. Trama
- Nyssen, Hubert (2009): La sabiduría del editor. Trama
- Rodríguez, Joaquín (2007): Edición 2.0 Los futuros del libro, Melusina
- Schiffrin, André (2000): La edición sin editores. Destino
- Schiffrin, André (2006): El control de la palabra. Después de «La edición sin editores». Anagrama
- Soto López, Isabel (2005): Do libro impreso á Internet, Xunta de Galicia
- Vila Sanjuan, Sergio (2003): Pasando página. Autores y editores en la España democrática. Destino
- Zaid, Gabriel (1972, 1996): Los demasiados libros. Anagrama.
Fontes impresas revistas e informes:
- Informes anuais do Comercio Interior e Exterior do Libro en España. Federación de Gremio de Editores de España.
- Panorámica da Edición en España. Informes anuais da oficina do ISBN do Ministerio de Cultura.
- Trama y Texturas. Revista trimestral sobre libro y la lectura
Fontes electrónicas:
«2010. Ano do Libro e da lectura»
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Clubs_lectura, Edición, Editores, Goberno Feijoo, Iniciativas, Lectura, Libro/por bretemasNo artigo da semana de Faro de Vigo expreso a miña perplexidade por este ano bonsai do libro e da lectura que anuncia a Consellaría de Cultura e Deporte. Se non se modifica o enfoque decontado, proporcionándolle un carácter transversal que abranga a todas as consellarías e administracións e dispoñendo de máis medios, estamos diante dunha nova decepción anunciada.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.