Menchu Lamas: sombras no labirinto
/en Artes Visuais, Artigos, Artigos Faro de Vigo, Exposicións/por bretemasNo artigo da semana falo da exposición de Menchu Lamas no CGAC (é incrible que o noso primeiro centro de arte contemporánea teña pechado o seu espazo web). Recomendo tamén o magnífico catálogo (mágoa que tampouco poida atoparse referencia na rede).
Xesús Canabal
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cultura/por bretemasNo artigo da semana recordo a figura de Xesús Canabal, o emprendedor galego que será homenaxeado o vindeiro sábado, 7 de outubro, ás 13:00 horas, polo “Foro Enrique Peinador” da Fundación Premios da Crítica Galicia, no concello do Pino.
Avelino Abuín de Tembra publica hoxe outro interesante traballo sobre esta importante figura da Galicia emigrante a recuperar.
Campo de Fragoso XXIII
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasPINTAN BASTOS
Desde a tempada do descenso non asistiamos en Balaídos a un partido máis nefasto e deplorable do Celta. Abondoulle ao Osasuna posicionarse con disciplina sobre o terreo para noquear en senllos contragolpes a un equipo que saíu fachendeando do xogo preciosista de ataque e da defensa abrumadoramente segura que exhibira en Liexa. Os de Vázquez non ofreceron nin unha cousa nin a outra e, pola contra, amosaron enormes carencias que fixeron que o medo aos demos volvese á bancada. Desde os primeiros minutos, perdido completamente o control do xogo no medio do campo, os nosos pivotes esqueceron que o seu labor é recuperar balóns e desprazalos con rapidez, feito que foi provocando, a medida que avanzaba o reloxo, un auténtico socavón entre a liña de centrais –que sorprendentemente era quen debía dirixir todo o xogo celeste (Lequi e Contreras foron os únicos que se salvaron do desastre)– e unha feble liña atacante na que batallaban con escaso acerto Gustavo, Nené e Canobbio. A internacionalidade parece que non lle sentou ben a un ensimesmado Oubiña, sometido aos misteriosos caprichos do “complexo do príncipe”, abúlico e descentrado no seu labor primeiro de recuperación e engrenaxe entre as liñas do conxunto. O equipo todo foi naufragando dunha forma estrepitosa, amosando unha faciana feísima, sen coraxe nin ideas para asumir a difícil tarefa da remontada. Nin sequera a saída, na segunda parte, de Jonathan Aspas, Núñez e Perera (moito máis perigoso que un desesperante Baiano, como xa é adoito) conseguiron levantar unha miga o ánimo do equipo. O abandono das bancadas de boa parte dos afeccionados amosaba o seu disgusto diante de semellante falta de actitude. Hoxe en Balaídos pintaron bastos.
Sen coches
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cidades/por bretemas
Inicio de curso
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación/por bretemasMemorias de Náufragos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Novidades/por bretemasCampo do Fragoso XXII
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasBOAS VIBRACIÓNS
A pesar da derrota, a estrea celeste deixou boas vibracións na bancada. O encontro como espectáculo deportivo foi unha gozada: houbo goles dabondo, alternancia no control do xogo, fermosos caneos, pases longos e cambios de orientación por parte dos dous conxuntos e, sobre todo, un vistoso enfrontamento de dúas concepcións tácticas de dous grandes adestradores, a da defensa atacante característica de Fernando Vázquez e a do ataque defensivo que manexa o simpático Rijkaard. Foi a primeira parte propiedade dos célticos grazas á súa disciplinada presión defensiva que impedía desde a media lúa central a chegada de pelotas francas para os dianteiros barcelonistas. Esa tensión foi a que permitiu que Baiano inaugurase a súa tempada goleadora tras un recorte preciso dun prometedor Nené. Porén, a segunda foi claramente blaugrana, debido ao baixón físico dos celestes, que provocou a perda da súa concentración defensiva e a posibilidade de que uns magníficos Iniesta e Deco comezasen o seu recital de distribución cara os seus espazos preferidos, onde Etoo e Mesi son xa inapelables. O oportunísimo gol, nunha xogada a balón parado, dun moi acertado Gustavo López (o mellor dos celestes) fixo albiscar esperanzas de remontada o que, paradoxicamente, provocou unha inxustificada precipitación dos vigueses que derramaron as posibilidades de vitoria ou sequera de empate nos emocionantes minutos finais. Con todo, a pesar da febleza física de medio campo para diante, os célticos deixaron boas vibracións: a disciplina defensiva da liña de catro, as boas maneiras dos debutantes (tanto do lateral Lukas como do volante Nené) e o carácter batallador de todo o equipo prometen outra tempada moi ilusionante.
Publicado en Faro de Vigo
Siniestro total
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Música/por bretemas

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Horizonte Europa25 de Abril de 2025 - 8:14 a.m.
- Respecto24 de Abril de 2025 - 4:36 p.m.
- «La Cristina», papeleira de Lavadores22 de Abril de 2025 - 10:30 a.m.
- As columnas de Noriega16 de Abril de 2025 - 4:29 p.m.
- Vigo desde o aire15 de Abril de 2025 - 5:14 p.m.