Entradas por bretemas

Onte 1956: “O trapecista da malla de rombos”, homenaxe a Benposta

Onte a presentación no Liceo de Ourense da novela de Alberto Canal O trapecista da malla de rombos constituíu unha homenaxe a Benposta, a cidade e circo dos muchachos do padre Silva. A proxección de imaxes do circo, recuperadas da colección de Nodo, e as intervencións de Francisco Muradás e Jainer Barros, veteráns cidadáns benposteños […]

María Victoria, cidadá galega

Dedico o artigo da semana en Luzes á concepción de cidadanía de María Victoria Moreno: A María Victoria Moreno (MVM), a escritora homenaxeada o vindeiro 17 de maio, amoláballe ser considerada «unha autora estremeña que escribía en galego». Comentoumo anoxada en máis dunha ocasión no proceso de edición de Diario da luz e a sombra, […]

Campo do Fragoso CCVIII

VIRAVOLTA Na tradicional tertulia do descanso no corredor de Río Alto poucos confiabamos en que o Celta dese a viravolta a un encontro no que o Eibar estaba sendo moi superior. Os discípulos de José Luis Mendilibar coa súa defensa adiantada até case a medula do campo, co porteiro colocado como libero e cunha presión […]

Onte 1955: «Os Megatoxos e a Batalla de Rande» de Anxo Fariña

A Casa do Libro de Vigo acolleu onte a presentación de Os Megatoxos e a Batalla de Rande de Anxo Fariña. Esta sexta entrega da que xa é a serie máis extensa da literatura infantil e xuvenil galega, dirixida ao lectorado na fronteira entre infancia e preadolescencia, viaxa aos acontecementos da Batalla naval de Rande […]

Onte 1954: «As sete mortes de Leopoldo Pardo» de Jorge Emilio Bóveda en Ourense

Resultou interesantísima a presentación de onte na Libraría Internacional de Ourense d´ As sete mortes de Leopoldo Pardo, a primeira novela de Jorge Emilio Bóveda no catálogo de Xerais e a terceira protagonizada por este «desheroe» ourensán tan singular, que se move na vida só baseado nos intereses económicos. Gustei das palabras do presentador, o […]

De Vigo a Lugo

Dedico o artigo da semana no Faro de Vigo a supresión da liña diaria de autobús entre Lugo e Vigo: O feito de que se suprima a conexión diaria e directa por autobús entre Vigo e Lugo, para a que non existe tampouco alternativa ferroviaria razoable, amosa a profunda mudanza (e, tamén, o fracaso) do […]

A dobre competencia

Dedico o artigo da semana en Luzes á proposta de recentralización lingüística dos partidos de Rivera e Rajoy: A pelexa entre Ciudadanos e o Partido Popular pola hexemonía na dereita española provoca unha competencia feroz entre os partidos de Rivera e Rajoy por amosar quen dous é máis belixerante co que chaman “linguas vernáculas”, termo […]

Onte 1953. «A banda da loba»

Magnífico foi o concerto d’ A banda da loba (ABDL) de onte á note en La fábrica de chocolate na que o grupo de Xiana Lastra e Andrea Porto presentou os once temas de Bailando as rúas, o seu primeiro disco. A banda destas cinco mulleres bravas ofreceu durante unha hora ben longa un potente caleidoscopio […]

De Verne a Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a centésimo quincuaxésimo aniversario da chegada á Ría de Vigo do Nautilus do Capitén Nemo: É un feito extraordinario que celebremos estes días o centésimo quincuaxésimo aniversario da chegada á Ría de Vigo, o 18 de febreiro de 1868, do Nautilus, o submariño deseñado e comandado […]