Entradas por bretemas

Xabier, o fillo de Raimundo e Teresa

Na edición en papel desta semana de SermosGaliza publico estoutra lembranza de Xabier P. DoCampo: «Son fillo de Raimundo de Granda, o muiñeiro de Castro, que enfiaba sucedidos como quen fai un colar de zonchos. Deume moitas cousas na vida que compartimos, pero quero traer aquí dúas que se relacionan co meu oficio da escrita. […]

Onte 1981: Pregón da Feira do Libro de Vigo

Onte tiven a honra de pronunciar o pregón da Feira do Libro de Vigo, un dos maiores orgullos dos que gocei na miña vida de editor. Xaora, puiden comprobar, outra vez máis, o escaso interese institucional do acto para os responsables do concello de Vigo. Deixo o texto en pdf no que homenaxeo ao editor […]

A viaxe de Xabier

No artigo de urxencia en Luzes lembro conmocionado ao mestre Xabier DoCampo: «Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retorna á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela. Hai que volver para contar, para facer da viaxe relato. Por iso os camiños que emprende o Viaxeiro son vieiros que […]

Enrique X. Macías 60

Dediquei o artigo da semana en Faro de Vigo aos concertos de homenaxe a Enrique X. Macías con motivo do sesenta aniversario do seu nacemento: No serán de onte o grupo Vertixe Sonora, dirixido por Pedro Amaral, interpretou no Auditorio do CGAC de Santiago de Compostela «Itinerario de luz» (1994-95), unha das pezas máis emblemáticas […]

Torrecedeira blues

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a problemática do barrio de Torrecedeira: A rúa Torrecedeira é unha das expresións máis fidedignas do «urbanismo desarrollista» vigués de hai corenta anos. Aprobada a súa apertura pola corporación en 1943, como enlace entre a nova avenida da Coruña e o paseo de Alfonso, tardou en […]

Historias de Vigo

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo a recomendar o libro Historias de Vigo de Jorge Lamas: Nestas páxinas témonos laiado do carácter desmemoriado de Vigo, unha cidade que semella ter escasa historia, apenas dous séculos trepidantes nos que aquela viliña de mariñeiros do Berbés se transformou por aluvión na punxente cidade portuaria […]

Onte 1980: Con Xosé Luís Axeitos e Xosé Benito Reza en Boborás

Acompañei onte a Xosé Luís Axeitos e a Xosé Benito Reza, gañadores do Premio Losada Diéguez 2018, nas modalidades de investigación e creación literaria, na cerimonia de entrega dos seus galardóns celebrada no Pazo de Moldes de Boborás. Un acto literario conducido con extraordinaria elegancia e sabedoría polo escritor Roberto Pascual na que tamén se […]

Onte 1979: Enrique X. Macías, 60 aniversario no CGAC

Participamos onte no CGAC na sesión inaugural das Xornadas de Música Contemporánea 2018 na que lembramos o 60 aniversario de Enrique X. Macías. Antes da interpretación da Sonata (1989) do compositor vigués por parte de Isabel Pérez Dobarro, Mercedes Rosón, Carlos Villanueva, Javier Macías e eu mesmo retratamos a quen foi o noso amigo desaparecido hai vinte […]

Días de Basilea

O artigo da semana en Faro de Vigo é a crónica da viaxe a Basilea da pasada semana: Hai pouco fun convidado pola federación de sociedades culturais galegas de Suíza a ditar dúas conferencias sobre a escritora María Victoria Moreno nos centros de Basilea e Zug. Foron dous días intensos, emocionantes e inesquecibles en Basilea, […]