Entradas por bretemas

O libro galego na Internet

A Mesa sobre “A presenza do libro galego na Internet” proporcionou máis información ca debate entre os participantes sobre o estado da cuestión. Malia esa carencia, creo que foi moi indicativa das orientacións existentes sobre a cuestión. Jaureguizar, un dous escasos escritores con obra publicada con actividade constante na rede, criticou aos editores galegos por […]

Tecnoloxías da fala

Na Mesa de experiencias de aplicacións educativas do Simposio, salientou a presentada por Carme García Mateo. O traballo do grupo de investigadores das tecnoloxías da fala e do sinal da Universidade de Vigo ao que pertence é tan interesante como escasamente coñecido fóra do eido académico.Carme presentou o funcionamento de varias aplicación: Cotovía (primeiro conversor […]

A edición baixo demanda

Unha das ideas máis repetidas no Simposio foi a referencia á edición baixo demanda como unha posibilidade a disposición dos editores para realizar tiradas moi reducidas, reedicións de textos descatalogados ou inatopables. Este tipo de edición dixital permitiría continuar publicando títulos que empregando o sistema offset sería inviables.Jacobo Bermejo, actual presidente da Asociación de Artes […]

O libro electrónico

Na Mesa Redonda sobre “Edición e Novas Tecnoloxías”, tanto Catuxa como Manolo Gago abordaron a cuestión do libro electrónico. Para min foi este un dos momentos máis interesantes do Simposio. Catuxa Seoane (a súa intervención pode descargarse aquí) explicou con gran claridade (se cair en facer unha apoloxía) cales deben ser as características do libro […]

O futuro das Industrias Culturais

O profesor Rogerio Santos ofreceu unha documentadísima conferencia, no inicio da segunda xornada do Simposio, sobre o impacto das Novas Tecnoloxías sobre as Industrias Culturais. Foi moi de agradecer que Rogerio analizase o concepto de Industria Cultural, a partir do concepto acuñado por Adorno (“a mercantilización da cultura, a través do desenvolvemento tecnolóxico”) e os […]

Da subvención á inversión

Txetxu Barandiarán pronunciou unha conferencia que pretendía sacar as cores ao sector, baixo o título provocador de “O sector do libro da subvención á inversión” (pódese ler o PDF). Partindo da constatación de que os comportamentos evolucionan máis amodiño que as tecnoloxías, debullou o que entende por un cambio de paradigma: a cultura está hoxe […]

Economía da atención

José Antonio Millán abriu o Simposio sobre o Libro e as Novas Tecnoloxías cunha conferencia moi optimista. Partindo do concepto de “economía da atención“, acuñado por Goldhaber propuxo estratexias para transformar bitios en libros e libros de papel en bitios. A utilización da impresión baixo demanda e a escritura de libros diante do público na […]

Simposium sobre o libro e as novas tecnoloxías

Mañá comezará o Simposium sobre “O libro e as novas tecnoloxías” coas agardadas conferencias de Millán, Badiá e Barandiarán, e os debates sobre o futuro da edición e a snovas tecnoloxías e sobre a edición en lingua galega e as súas aplicacións educativas.Neste momento contamos case con cen inscritos, o que semella espertou moito interese.

Produtores de odio

Avenida Castellana, 31 de outubro de 2005Os produtores de odio traballan a eito nalgunhas zonas céntricas de Madrid. Afortunadamente estes carteis insidiosos son combatidos por outros madrileños demócratas e solidarios. Cara ónde quere levarnos esta dereita española irresponsable e mentirosa?Fronte estes produtores de odio ofrezo os versos de Manuel Rivas:Madrid de outono, / capital mesterosa […]

Efecto Leonor

Sobre a noticia destes días o máis atinado que lin é o magnífico post de Juan. O nacemento desta rapaza ten tres efectos: mediáticos (a noticia vai tapar o inicio do debate sobre o Estatut), políticos (Zapatero deberá enfrontar decontado a reforma constitucional) e de debate sobre a lexitimidade e o sentido da monarquía. Parabéns, […]