Ferrín, Premio Nacional
Unha grande ledicia. Beizóns, mestre!
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Unha grande ledicia. Beizóns, mestre!
En duascentas sesenta e catro páxinas, Ignacio Castro Rey, utilizando unha voz indignada e empregando unha lente sociolóxica, inserida nunha tradición filosófica (ancorada en Nietzsche e nos seus epígonos contemporáneos, Foucault, Deleuze e Baudrillard), debuxa un panorama bastante desolador e feroz do noso tempo, o do capitalismo real. Pois diso trata Votos de riqueza, de […]
Hoxe anunciamos os xurados dos Premios Xerais.
Hai días que tiña interese en recoller a reflexión de Juan Varela sobre a lectura en Internet. “En Internet non se le, escanéase”, ou noutras palabras, a lectura da maior parte dos internautas sobre as pantallas é fragmentaria, rápida, fráxil, rota, incompleta, desordenada ou “zapeada”. Os datos proporcionados polo informe de usabilidade de Jakob Nielsen […]
Esta intervención de Juan Varela (case nove minutos) profundiza na reflexión sobre a procura dun novo modelo de dereitos para os autores no entorno dixital. Semella imprescindible reformular o papel do autor (que terá máis posibilidades de xestionar directamente o seus dereitos), o dos editores (como o están facendo os medios de comunicación e as […]
No suplemento “Estela” (do dominical de Faro de Vigo), J. A. Otero Ricart publica unha interesantísima reportaxe sobre a Editorial Cíes, fundada en Vigo en 1941 por Eugenio Barrientos, o daquela propietario da libraría Tetilla, e destinada a edición de publicacións populares. Barrientos comezou publicando novelas policiais, mais consolidou a súa actividade (durante máis dunha […]
No artigo da semana lembro a figura de Enrique X. Macías no día do seu concerto homenaxe no Marco.
Vía: Hora de ler.
Simpática escena sobre as razóns da lectura da mediametraxe Bosteza do director mallorquín Toni Nievas.Vía Trafegando ronseis.
O vindeiro martes, ás 20:00 horas no Marco de Vigo presentarei Votos de riqueza. La multitud del consumo y el silencio de la existencia, o máis recente ensaio de Ignacio Castro Rey. Agradécese difundir na rede esta convocatoria. Outra magnífica oportunidade para volver escoitar en Galicia o lucidísimo discurso crítico do filósofo Ignacio Castro.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
