Entradas por bretemas

Palabras para cambiar o mundo

Moito agradezo a Marcos que recollese o texto do pregón co que Agustín Fernández Paz inaugurou a Feira do Libro de Ourense o pasado 31 de maio. Recollo os derradeiro parágrafos, preciosos: “Todas as persoas necesitamos de historias, de soños, de palabras. Para entender o mundo e para entendernos a nós mesmos. Para soñar outras […]

Campo do Fragoso LXII

SAN ESTEBANA pesar da decepción do empate co Tenerife, tras levar unha boa vantaxe de dous goles, este Celta de Alejandro Menéndez ten mellor cara que o dos adestradores anteriores. É máis equipo, xa que desenvolve un xogo máis solidario e sacrificado, ao longo do encontro desenvolve máis variantes tácticas polas bandas e, polo menos, […]

Blogs e lectura

Mañá, xoves, 29 de maio, estaremos ás 18:30 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, no Campus da Zapateira, para manter un encontro co alumnado sobre “Blogs e lectura”.

"Votos de riqueza", de Ignacio Castro Rey

En duascentas sesenta e catro páxinas, Ignacio Castro Rey, utilizando unha voz indignada e empregando unha lente sociolóxica, inserida nunha tradición filosófica (ancorada en Nietzsche e nos seus epígonos contemporáneos, Foucault, Deleuze e Baudrillard), debuxa un panorama bastante desolador e feroz do noso tempo, o do capitalismo real. Pois diso trata Votos de riqueza, de […]

A lectura en pantallas

Hai días que tiña interese en recoller a reflexión de Juan Varela sobre a lectura en Internet. “En Internet non se le, escanéase”, ou noutras palabras, a lectura da maior parte dos internautas sobre as pantallas é fragmentaria, rápida, fráxil, rota, incompleta, desordenada ou “zapeada”. Os datos proporcionados polo informe de usabilidade de Jakob Nielsen […]