Entradas por bretemas

Conspiración de lectores

Coñecín este fermoso traballo realizado polos clubs de lectura do Colexio Helios que traballa a edición en castelán d’ O único que queda é o amor, o libro de relatos de Agustín Fernández Paz. Un traballo escolar coa rede detrás. Para tomar boa nota.

Literatura no móbil

A reportaxe de El País, a pesar de non achegar grandes novidades, constitúe un interesante repaso sobre o fenómeno xaponés dos keitai shousetsu e, en xeral, sobre a actual situación actual do libro electrónico en España.

Publicar non é editar

Recollo un moi clarificador parágrafo dunha anotación do noso amigo Leroy Gutiérrez. Os editores ben coñecemos as diferenzas entre «publicar» e «editar». Asumir que non son termos sinónimos evitaría tantas confusións e debates bizantinos aos que estamos tan afeitos. PUBLICAR NON É EDITAR La diferencia entre publicar y editar ya era percibida en la antigüedad […]

«Rush», vídeo interactivo da Volvo Ocean Race

Coñezo grazas a Julián Gallo, Rush, este impactante trailer do vídeo de promoción da nova edición da «Volvo Ocean Race». A singularidade é que na pantalla aparece un mosaico de catro imaxes sobre as que o espectador pode tomar decisións sobre os protagonistas da aventura. Verdadeiramente novidoso este relato interactivo. Outra posibilidade da nova ficción […]

Informe sobre o libro dixital en Francia

Os amigos de Ediciona acaban de traducir o Informe sobre o libro e os contidos dixitais, encargado polo Ministerio de Cultura francés. O documento propón respostas para as preguntas que adoito se realizan os membros da cadea de valor do libro (fundamentalmente autores e editores), ao tempo que examina ao ferta de contidos dixitais, con […]