Entradas por bretemas

Vídeoentrevista nos Premios Xerais 2009

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/W9IqXhT4UIY” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] O equipo de Blogaliza ven publicando ao longo da semana unha serie de vídeoentrevistas realizadas tras a cerimonia dos Premios Xerais 2009. Recollo para o arquivo (desculpas pola autopromoción) a que eles me fixeron e enlazo, ademais, a miña intervención no acto que gravou xenerosamente Albixoi. Na vídeoentrevista repásase […]

Continuará "Libro Aberto"?

Acabamos de recibir  a carta de despedida de Luís Rei Núñez, o director do programa “Libro Aberto”. Despois de 127 programas “Libro aberto” consolidouse como o espazo de referencia para a promoción do libro galego en televisión. Magoadamente a nova dirección da TVG, que acaba de suprimir o “Servizo de Cultura”, non asegura a continuidade […]

Xerais inicia a transición ao libro electrónico

A raíz da nosa intervención na cerimonia dos Premios Xerais, son varios os medios electrónicos que se interesaron pola nosa estratexia de transición cara a edición de libro electrónico. Recollemos as entrevistas que nos fixeron: “Xerais inicia a transición cara o libro electrónico” (Vieiros). “Xerais presenta a súa estratexia cara o libro dixital” (culturagalega.org). “Deixaremos […]

Panificadora, hoxe debate no Marco

[Foto Lalo Villar] Convidado polos membros de Outro Vigo é posible hoxe ás 20:00 horas  no auditorio do Marco participarei nun debate sobre o futuro da Panificadora. No acto acompañaremos a Xoán Carmona, M.X. Facal, Iria Sobrino e a J. G. Alen. A causa de salvar a Panificadora paga a pena.

As linguas suman

A iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de enviar este tríptico ás familias é unha resposta docente moi axeitada á prexuizosa e falsa consulta ás familias do Goberno Feijóo. Neste momento, dende todas as instancias das que dispoñemos os defensores do idioma, é imprescindible colaborar coa estratexia desta Coordinadora e […]

Tras os Xerais

Dende o pasado domingo andamos enleados poñendo orde en toda a información xerada polo serán dos Xerais. A verdade que estou moi satisfeito pola repercusión do acontecido na illa tanto na prensa impresa como nos medios electrónicos; tanto nas anotacións dos  blogs (todas tana agarimeiras con nós) como nos perfís de Facebook (a gran novidade desta edición), onde se […]

Monolingüismo

Recomendo vivamente esta extraordinaria anotación de Juan Varela. Textos coma este de Juan ou moitos dos que publica Fermín Bouza no seu votoconbotas demostran que é imprescindible falar en Galicia coa mesma claridade que eles o fan sobre o que pretende facer o Goberno Feijóo coa lingua de todos. Unha inxección de autoestima e confianza […]

O serán de Agustín

O de onte en San Simón foi un serán memorable. O incrible dobrete de Rosa Aneiros e as senllas intervencións para agradecer cada un dos premios, a atrevida novela infantil de Jacobo Serrano, as intervencións dos membros dos tres xurados, a elección do agasallo para os participantes, a merenda saborosa que nos preparou Fita, a […]