Rectificación oportuna

A medida anunciada hoxe pola Xunta Galicia sobre os libros de texto paréceme unha rectificación moi oportuna. Dende estas brétemas temos criticado reiteradamente a modalidade de préstamo do libro de texto imposta polo Goberno Bipartito, cuxos efectos perversos sobre o emprego e a viabilidade das empresas estamos soportando agora con enormes dificultades os editores e os libreiros. Este modelo de axudas directas ás familias, ao que sen dúbida, se lle deben introducir algunhas melloras e precisións (debemos agardar a coñecer a orde que o regula para afinalas), porén, vai na dirección correcta, sobre todo polo seu carácter socialmente máis redistributivo. Non deixa de ser chocante, tamén para min, que sexa un goberno conservador quen utilice estes criterios de solidariedade e de maior respecto para todo o sector do libro. Desta volta, o equipo de Feijoo e do conselleiro Vázquez acertaron.

4 comentarios
  1. Isa
    Isa Dice:

    Estou contigo no fondo. Nunca entendín a necesidade de dar gratuitos os libros a todo o mundo.
    Pero este goberno tampouco o está facendo ben: para ter dereito as axudas para libros, prácticamente hai que vivir na indixencia.
    Hai que gañar menos de 6.000 euros brutos para a gratuidade total, e decir, gañar menos de 500 euros ao mes. E para a semigratuidade hai que gañar menos de 9000 euros, ou seña, menos de 750 euros ao mes.Eso é unha burla.

  2. bretemas
    bretemas Dice:

    Efectivamente, o número de axudas vai ser claramente insuficiente. Insisto en que debemos agardar á publicación da orde, para comprobar todas as eivas do sistema. Os editores insistimos na necesidade dun sistema de cheque libro (unha tarxeta ou moedeiro electrónico) que permitise a compra directa nas librarías. Con este sistema, no que todas as familias terán que comprar os libros do seu peto ou adiantarlle os cartos á administración, temo que os grandes beneficiados van ser as grandes superficies. Semella que, outra vez, padeceremos un modelo improvisado. Lamentable!

Los comentarios están desactivados.