O galego serve para entendernos

O mellor que lin na prensa do domingo é este texto de José Manuel Atanes Limia publicado na sección de «Cartas» de Faro de Vigo. O texto permite un aproveitamento didáctico formidable e múltiples iniciativas de fomento de uso do galego. Parabéns para o seu autor que atina cun rexistro con forte capacidade emotiva e evocadora. Eis un vieiro interesante para expresar a nosa disidencia. Replicalo nos diversos blogs ou completar cada unha das liñas con novas palabras podería ser unha xeitosa cadea na rede en defensa da utilidade da lingua de todos.

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa,… apelido: Vázquez, Nogueira, …. e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ….
Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo,… e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela,…
Botamos aturuxos, arroutadas,…. e damos colo, apertas, ….
Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ….
Aos arbustos: silva, xesta, ….
Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, …
Ás comidas: grelos, cacheira, …..
Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ……
Aos peixes: xouba, ollomol , …. e aos mariscos: vieira, zamburiña,….
Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ….
Ás serras: O Larouco, A Capelada, …
Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, …
As rochas: Pena Corneira, A Pedra de Avalar, …
Aos ríos: Toxa, Xallas,..
Aos pobos: Soutelo, Peroxa, ….
Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño,…
Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo,…
Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo,..
Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, …
As vacas: Marela, Xeitosa, ….
Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ..
Aos sentimentos: morriña, agarimo, …
Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ..
Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, …
Á musica: os alalás, a chouteira, …….
Aos xogos: a billarda, a porca, ……
Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ..
Aos paxaros: paporrubio, rula,…
Ao vestido: saia, polaina,…
….e agora veñen que para que serve o galego, pois e obvio, para entendernos.

4 comentarios
  1. José Ramom Pichel
    José Ramom Pichel Dice:

    É certo, vale para isso. Todas as línguas são úteis per se. Todas são uma riqueça para o Planeta. Mas a nossa concretamente é também uma língua que tem muitas potencialidades, falada por quase 300 milhões de pessoas. Há que aproveitá-lo e também dizê-lo em alto.

  2. Conversas
    Conversas Dice:

    Carta difundida!
    Sería ridículo preguntar a un dinamarqués, un islandés, un italiano ou un eslovaco que utilidade teñen as súas linguas fóra dos seus países. Por que tanta xente teima en dicir que o galego non serve fóra da nosa terra?

  3. mariló
    mariló Dice:

    O galego somos nos, e nos fai sentir, na tele vexo a xente operada que quere ser como alguen y acaba sendo un cromo repetido de ninguen, a nosa lingua nos diferencia y nos fai unicos sirva para 300 millons o para duas persoas que se entendan, si a queres faiche querer e sentir curiosidade e amor por todas as linguas do mundo. E curioso que a quen di que a fala e estudio do noso idioma vai en detrimento do cstelan, cando ai ducias de verbas borradas do castelan por o ingles sin que ninguen diga nin chio.

Los comentarios están desactivados.