Entradas por bretemas

Será a tempada do ascenso?

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/0isEeUJCWuA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Tras a solidez do xogo desenvolvido diante do Xixón, os celtistas podemos ter esperanzas de que a tempada que comeza o vindeiro sábado será a do ascenso? A pesar de que non somos adiviños, as boas vibracións deste novo Celta, cheo de canteiráns, xa non se poden agachar. Nos […]

Prolingua

Velaí o espazo web aberto onte por Prolingua. Plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega. Pode lerse o manifesto fundacional, a presentación da plataforma e os principios que rexen o seu funcionamento. Unha iniciativa plural e apartidaria que apoiamos con todo o noso pulo.

El Corte Inglés xa ten o seu libro electrónico

Creo que esta noticia é importante para o desenvolvemento do libro electrónico nos nosos mercados. El Corte Inglés, baixo a súa marca Inves-Book 600, comeza a comercialización do seu primeiro e-book a un prezo xa atractivo, 299 euros. Paréceme moi alentador que o aparello utilice tamén, o formato EPUB, que semella pode converterse no estándar […]

Caja Madrid estuda a integración coa CAM e con Caixa Galicia

Hai tres semanas adiantabamos aquí as tres posibilidades que se barallaban sobre o futuro das Caixas de Aforros galegas. A pesar de que o presidente Feijoo manifestou cautelosamente que o seu Goberno non tiña unha posición adoptada sobre esta cuestión e que daría a sua opinión dentro duns meses, semella que pola información aparecida hoxe […]

O dano está feito

Tras a comunicación dos resultados da consulta ás familias, no artigo da semana reflexiono sobre o escenario que se abre a partir de agora. Non teño dúbida que durante estes últimos meses o dano sobre o prestixio e a valoración social da lingua quedou feito, razón pola que recuperar ese terreo común perdido é a […]

No Paseo de Afonso

Desculpen o autobombo. Hoxe saíu na edición de Vigo de La Voz de Galicia esta entrevista dun “cidadán no seu rincón”. Grazas a María J. Fuentes polo texto e a Óscar Vázque pola foto.

Que idioma fala a Feira do Libro da Coruña?

Acabo de recibir na miña caixa de correo este programa en pdf da Feira do Libro da Coruña acompañado dun correo no que se anuncia a creación dun grupo de seguidores da feira en Facebook e se anima aos “amigos da literatura” a participar nas actividades con estas palabras: “Este año la Feria del Libro […]

A arte do book trailer

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/ZS9rltzpgzw” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hai tempo que non recolliamos novos book trailer, esas pezas publicitarias audiovisuais de promoción do libro. O noso bo amigo Leroy Gutiérrez recolle nesta anotación algúns moi bonitos da editora portuguesa Livros de Areia. Leroy considera que estas pezas portuguesas posúen as catro características principais que eu traduzo debe […]