A galiña azul e outros contos

No artigo da semana lembro a peripecia editorial d’ A galiña azul, o primeiro libro infantil do meu querido Carlos Casares, e reflexiono sobre o que entendo son as razóns da súa utilización política por parte da Xunta de Galicia para denominar á anterior rede de galescolas.

Este artigo, que fai o número 516 da serie Campo de Granada, coincide xustamente co décimo aniversario da miña colaboración semanal con Faro de Vigo, iniciada o 22 de agosto de 1999 con «La Favorita de Príncipe». Daquela nunca pensei que aquí chegariamos. Grazas aos responsables de Faro de Vigo que o fixeron posible.

7 comentarios
  1. mourullo
    mourullo Dice:

    Pois semella que a familia de Carlos Casares non ten un papel precisamente menor nesta “medida oportunista”, “manobra política, que ten a clara intención de apropiarse simbolicamente do patrimonio galeguista de Carlos Casares”.

  2. A.C
    A.C Dice:

    Welcome a nosa terriña D.Manuel.Co ben k se esta por aki no veran, e vostede vendo chover por o norte de europa.Como decia un tio-avó meu con 90 anos: “k mais terra e akela k esta”.
    Referente a o seu artigo, eu non vexo tan mal o da “galiña”, os politicos son asi.A moita xente eso de “galescola” soaballe mal, e o PP soubo sacar redito.Penso k o bng cavou a sua tumba politica e arrastro a ela a o psoe.
    Tamen sigo pensando k o problemas reais estan na economia, con un futuro, segun todos os analistas, moito peor( subida de impostos, 5 millons de parados, deficit ……unha marabilla)

  3. bretemas
    bretemas Dice:

    Efectivamente, a familia Casares ten toda a responsabilidade na xestión da totalidade da obra de Carlos. Eles saberán cáles son as razóns polas que accederon a unha cesión coma esta (sen dúbida, con grande repercusión política e sen compensación económica), máis aínda nun momento tan difícil para o futuro do noso idioma (algo que sei obsesionaba a Carlos).

  4. Xaquín
    Xaquín Dice:

    Entendo que os problemas de ambiente (natural ou artificial) sufran diferentes lecturas. Parece menos importante defender a non extinción dunha lingua (ou dunha especie) que loitar contra a fame do 3º mundo (e do submundos 1º e 2º)… Por que hai que escoller entre darlle comida a alguén e que ese alguén poida pedir comida no seu idioma?

  5. A.C
    A.C Dice:

    Sr. Albixoi: E evidente k este blog do Sr Bragado e un blog, como el ben o di, de “Notas do traballo de edicion”, e kizais algunha opinion miña no teña aki moita cabida, ou esté fora de lugar.Ben se notará, k eu non estou no mundo dos escritores, e intelectuales en xeral, como o estan moitos de vostedes. Eu son so un traballador k se preocupa do seu futuro laboral en estos malos tempos k estamos a vivir. E si, o idioma e importante, eso non o discuto.Pero por a rua, con meus compañeiros, no bar, con a miña familia ou con os meus amigos,falamos mais dos “ERES” k do Galego. Outro si digo, k me gusta participar aki, por k sempre aprendo cousas de xente mais preparada k a min. Sigan vostedes pelexando por o Galego, e de admirar, pero sin perder de vista a rua, por k en Galicia todos imos no mesmo barco.

Los comentarios están desactivados.