Entradas por bretemas

«Demain j'irai mieux»

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/_e2O-wTXRA8″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Hoxe anunciaremos o palmarés da II Mostra Ciencia e cinema e, nos próximos días, haberá tempo abondo para falar sobre as pezas gañadoras. Entre as películas que máis me impactaron está Demain j’irai meiux, unha longametraxe de noventa minutos sobre o cancro infantil. Tras as catro historias de Axelle, […]

«Símbolo perdido», hoxe chega o novo libro único

Hoxe as librarías quedarán asolagadas polo novo libro único. Paradoxicamente, La Voz de Galicia a pasada semana xa consideraba no seu suplemento o libro de Brown como o máis vendido (antes mesmo de poñerse a venda). O fenómeno da primacía absoluta do bestsellers ten moito de contraditorio, xa que resulta absolutamente beneficioso para a ampliación […]

Mostra de «Ciencia e Cinema» na Coruña

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/rHkD7tQe-OE” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Quizais fun un chisco imprudente e accedín a participar como xurado da II Mostra de Ciencia e Cinema que se celebra ao longo de toda esta semana na Coruña. A experiencia está sendo moi boa, xa que estou descubrindo algunhas pezas moi interesantes e enfrontándome a temas e reflexións […]

Entrevista n' «A Nosa Terra»

César Lorenzo entrevistoume n´A Nosa Terra con motivo do trinta aniversario da editorial e da aparición dos nosos primeiros e-books. Desculpas polo que poida supoñer de autobombo. Grazas a Paco Vilabarros pola fotografía.

Campo do Fragoso LXXXIII

SÓ FALTOU O GOL O mellor Celta da tempada só puido empatar diante do Rayo Vallecano, polo visto onte en Balaídos e a pesar da súa moi boa situación na táboa clasificatoria, un equipo vulgariño que agasallou toda a pelota o Celta e apenas pretendeu defenderse agardando poder estricarse nun par de contragolpes. Ninguén pode […]

Xabier DoCampo no paseo dos soños

Esta foto tirada onte en Villaba constitúe un orgullo para a nosa Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea: os catro premios nacionais Agustín Fernández Paz, Xabier DoCampo, Fina Casalderrey e Paco Martín. A de onte foi unha xornada para lembrar. Un cento de amigos e amigas acompañamos a Xabier DoCampo na homenaxe que lle renderon a […]

Morreu Anisia Miranda

Énchenos de tristeza o pasamento de Anisia Miranda, a compañeira de vida de Pepe Neira Vilas. Repasando o seu currículum comprobamos que desenvolveu un labor extraordinario no eido da literatura infantil en Cuba, sobre todo no eido da promoción das publicacións periódicas (velaí, esa revista Zunzún que ela tanto quería). Actividade que non lle impediu […]