«Símbolo perdido», hoxe chega o novo libro único

Hoxe as librarías quedarán asolagadas polo novo libro único. Paradoxicamente, La Voz de Galicia a pasada semana xa consideraba no seu suplemento o libro de Brown como o máis vendido (antes mesmo de poñerse a venda). O fenómeno da primacía absoluta do bestsellers ten moito de contraditorio, xa que resulta absolutamente beneficioso para a ampliación da base social de lectores e lectoras, ao tempo que , inevotablemente, reduce a biodiversidade de títulos e autores nos andeis e mesas de novidades. Un fenómeno, que sabemos non é novo, mais que está adquirindo dimensións incribles (como amosa a imaxe-denuncia promovida por A Libreira).

Non hai dúbida de que do lanzamento da obra, en termos marqueteiros e de utilización de Internet e das redes sociais na promoción do libro, temos moito que aprender. Ademais, contaremos con edición en galego (unha edición de 6.000 exemplares, grande, pois) preparada como a catalana por El Aleph editores.

7 comentarios
  1. Rois
    Rois Dice:

    Unha dúbida… Este libro non se vendía hai un par de semanas por dez euros coa Voz de Galicia? Agora mesmo non lembro se foi este ou outro… Alguén podería confirmalo?

  2. Jean Val Jean
    Jean Val Jean Dice:

    Este mundo do libro noso esta a tomar tintes surrealistas, e o triste é que non se trata para nada dun caso aillado. Falamos dunha cachada. Os departamentos de comunicación das editoras perderon a vergonza e así nos vai. Todo pola pasta. Xustiza nos andeis. E por certo, respecto a pregunta do comentario anterior direi que os libreiros teñen a orde de non vendelo ata o xoves baixo pena de … Onte nunha librería puiden ver como a unha libreira lle costou un mogollón negarllo a unha clienta golosa. É de comprender.

  3. alvarelle
    alvarelle Dice:

    Esa lista dos libros libros máis vendidos da Voz é a que figuraba a pasada semana na páxina web da Casa del libro (casadelibro.com), na que xa se leva vendendo devandito libro que, aínda que non empece a enviar exemplares ata este xoves, acepta pedidos del dende hai semanas.

    Non é unha lista imposta por intereses comerciais, pois, mais é unha metedura de zoca importante duns profesionais, os de Cultura da Voz, que buscaron comodidade no canto de veracidade.

  4. John Green
    John Green Dice:

    Very very helpful article content. Thank you for sharing the article . It let me know something I didn`t know .You write well, I have bookmarked, I will wander back. buy lyrica

Trackbacks y pingbacks

  1. […] hai moita máis literatura nun parágrafo ( ao chou, escollan vostedes) de Areaquente que en toda a novela de Dan Brown. Os cartos investidos na promoción de artefactos dese estilo, canto ben farían de seren […]

  2. […] Brétemas recollo este singular, alucinante e significativo recorte de LVG, a censura típica de LVG vaia acompañada dun servilismo […]

Los comentarios están desactivados.