Entradas por bretemas

Suso Vaamonde: «Nin rosmar un laído»

A vindeira semana, o martes 16, hai dez anos do pasamento do inesquecible Suso Vaamonde na viguesa clínica de Fátima. Contaba apenas con 49 anos. Coñecino nun seu recital na Escola de Comercio de Torrecedeira. Un acto daqueles semiclandestinos que se convocaban para reclamar a amnistía e as liberdades democráticas plenas. O recordo máis claro […]

Vigo, fenda aberta

Tras a manifestación separatista de onte, Abel Caballero estará feliz e, sen dúbida, se sentirá avalado na súa estratexia de recuncar na alcaldía pola vía do espírito cantonalista. Porén, na outra beira da xogada, tanto Alberto Núñez Feijóo como Corina Porro non se sentirán totalmente defraudados, xa que a pesar de que  a concentración caballerista […]

A cultura produce

No artigo da semana (publicado hoxe en Faro de Vigo), analizo algúns dos datos máis significativos do estudo «O Sistema Produtivo da Cultura en Galicia. Unha visión económica» elaborado polo Servizo de Información Ardán da Zona Franca de Vigo en colaboración co Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega.

Campo do Fragoso LXXXIX

SEN PEGADA Este Celta de Eusebio é un estilista sen pegada. Ninguén pode negar que o noso adestrador inculcou con enorme paciencia e honestidade no seu cadro un estilo de xogo moi definido, baseado no bo trato da pelota e nun esquema táctico que constrúe o ataque dende a defensa e o xogo defensivo dende […]

Feijóo non arrinca nas cidades

Segundo o Barómetro que publica hoxe La Voz de Galicia a fórmula de Goberno Bipartito ou Tripartito de partidos de esquerda e nacionalistas gobernaría nas oito cidades galegas. A un ano das municipais, a política de deconstrución de Feijóo semella que non dá os resultados agardados e o PPdeG fracasaría na súa estratexia de que […]

ProLingua, o día despois

O serán de onte foi un dos máis felices dos últimos tempos. As presentacións expansivas do libro de ProLingua foron un éxito rotundo. Os datos falan por si sós: máis de 5.000 persoas mobilizadas en 69 localidades de aquí e acolá para participar na presentación do argumentario argallado contras as falacias dos negacionistas, eses poucos […]

63 presentacións do libro de ProLingua, venres 5, 20:30 horas

Velaquí a listaxe das 63 localidades nas que se fará a presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega mañá venres 5 de febreiro ás 20:30 horas. Agradécese calquera colaboración para difundir esta información e apoiar a nosa iniciativa (especialmente adquirindo un exemplar). E, por suposto, estades todos e todas convidados a participardes nesta […]