Velaí o Decreto de Plurilingüismo
Velaí o pdf do texto do decreto de Plurilingüismo publicado esta mañán no DOG.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6822 entries already.
Velaí o pdf do texto do decreto de Plurilingüismo publicado esta mañán no DOG.
Mañá á tarde irei contar á Casa da Lectura. É un privilexio que me produce ledicia e, ao tempo, un atrevemento xa que, nestes anos, non hai dúbida ningunha que adestrei pouco. Sei que compartir as palabras e os silencios cos lectores primeiros é unha experiencia irrepetible. Nestas sesións cos picariños o único que me […]
No artigo da semana dedico unha homenaxe á figura do meu admirado Camilo Nogueira con motivo do premio Pedrón de Ouro que recibiu onte en Padrón.
PORTUGAL, UMA PRAÇA PARA O MUNDO from Anze Persin on Vimeo. Chego vía Manolo Gago (obrigado) a esta peza que Anze Perzin preparou para o pavillón de Portugal da Expo de Xangai 2010. Chamoume a atención na música de Rodrigo Leão a importante presenza de gaitas e a escena final de tambores case a ritmo […]
O éxito extraordinario da película de Oliver Laxe merece as nosas beizóns. Como tamén o apoio que lle leva proporcionando tan discretamente o noso admirado Martin Pawley. Para eles dous as miñas maiores beizóns.
Achegámonos a Padrón esta mañán para asistir ao acto de entrega dos premios anuais da Fundación Pedrón de Ouro. Abriron o acto as palabras agarimeiras e firmes de Xosé Ramón Fandiño que saudou aos homenaxeados, Camilo Nogueira (Pedrón de Ouro) e Fermín Bouza (Pedrón de Honra), e aos numerosos asistentes que ocupabamos os xardíns da […]
O programa de Vigo Transforma é xeitoso, interesante, mais cando coñecín a web produciume enorme desacougo que de alí desaparecese completamente o galego. Un feito absolutamente inaceptable nun evento organizado polo Xacobeo 10, organismo dependente da Consellaría de Cultura e Turismo; máis incoherente aínda cando pretenciosamente o festival preséntase adornado cun concepto de sostibilidade dun […]
Levamos unha grande ledicia cando soubemos onte que o premio Rosalía de Castro de Lingua, outorgado pola Deputación da Coruña, fose para Blogaliza. O xurado recoñeceu en Blogaliza «un esforzo de creación de espazos socializadores emerxentes para o galego, que xunta o esforzo persoal e de investimento na creación dun soporte de internet», que foi […]
Vía Trafegando ronseis (manantío inesgotable, grazas, moitas grazas) chego a esta peza que forma parte dos materiais publicados por Leer.es, espazo magnífico do Ministerio de Educación de fomento da lectura destinado a docente, familias e mediadores. Neste lánguido Ano da Lectura en Galicia boto en falta sequera algunha iniciativa na rede coma esta. Mais coa […]
O anuncio de Feijóo, tras a reunión do Consello da Xunta, da aprobación do «Decreto de Plurilingüismo» que reduce a utilización do galego como lingua vehicular no sistema educativo non universitario, a pesar de que non nos pillou por sorpresa, esmaga o noso ánimo. Coa excepción da retirada (polo momento) da consulta aos pais, motivada […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
