Entradas por bretemas

Onte 153: A proeza da Editorial Cíes

José Ballesta, director e guionista dunha longometraxe documental de próxima estrea sobre Marcial Lafuente Estefanía, achegoume novos datos sobre a proeza da viguesa editorial Cíes. A editora de Eugenio Barrientos López, situada na Libraría Tetilla da rúa Elduayen, entre 1941 e 1958 desenvolveu un catálogo de arredor 1.500 títulos, estimándose que puido chegar a publicar […]

Onte 152: Bragado e Carlos Casares

O meu amigo limiao Rafael Laso envioume este mapa da provincia de Buenos Aires. É doado comprobar que na mesma estrada, separadas por uns poucos quilómetros, están as cidades de Bragado e Carlos Casares. Unha proximidade atribuíble, quizais, a esa providencia laica que axuda a explicar estas coincidencias fortuítas. Seguro que Carlos Casares, finado hai […]

Vigo-A Coruña

No artigo da semana en Faro de Vigo, ao fío da noticia da campaña «Vigo ama A Coruña. A Coruña ama Vigo», organizada polas asociacións de hoteleiros de ambas as dúas cidades, reflexiono sobre un novo modelo de relación estratéxica entre elas. Gustei da iniciativa de colaboración entre os empresarios hoteleiros de Vigo e A […]

Onte 151: Juan Carlos en «Der Spiegel»

Hai tempo que Juan Carlos e os membros da familia real perderon a aura que, dende a Reforma Política, os protexía. Tras o escándalo de Urdangarín, as revelacións que publica o semanario alemán Der Spiegel poñen en cuestión cal foi o papel de El-Rei no golpe do 23-F. A fonte, un informe do daquela embaixador […]

Campo do Fragoso CXVII

FIABLE As estatísticas do Celta nos dous últimos meses amosan que é un equipo fiable. Tras oito partidos sen coñecer a derrota e sete sen encaixar gol ningún, tras acadar vinte puntos sobre vinte e catro posibles, tras converterse nun dos equipo máis goleiros e menos goleados da categoría, ocupa posición de ascenso directo, aínda […]

Onte 150: PSOE

Unha das claves da vitoria tan axustada de Rubalcaba atopeina no ton desaxustado empregado por Chacón na defensa da súa candidatura. Non foi o contido nin a construción do discurso –froito dun coidado traballo de laboratorio de mercadotecnia política– onde errou Chacón, senón na súa errada teatralización diante da oligarquía do seu partido, moi pouco […]

Onte 149: 10 millóns de exemplares

Anunciamos que, ao remate do pasado ano, Xerais superou os dez millóns de exemplares vendidos ao longo dos seus trinta e dous anos de historia. Efectivamente, 10.103.409 libros en lingua galega que supoñen un éxito dos lectores e lectoras, ademais dun aliciente de esperanza para o futuro do libro na lingua de noso. Nun momento […]

Onte 148: A forza do vento

O serán frío de Pontevedra non impedíu que os membros do Ateneo completasen o aforo da Casa das Campás para participar na presentación de Extramunde, a novela de Xabier Queipo premiada co Xerais 2011. Recén chegado dunha xuntanza da Axencia Europea de Pesca, centrada na remontada do rodaballo no Mar Negro, Xavier comezou o seu […]

Onte 147: Praza pública

 A primeira xornada de Praza pública foi un éxito rotundo. A audiencia superou as mellores previsións, provocando durante a mañá e o mediodía algún colapso no acceso ao servidor. A calidade do produto, tanto a nivel de deseño gráfico e concepción web, como o proxecto xornalístico, quedou moi por riba das nosas expectativas. Auténtico xornalismo […]