Entradas por bretemas

Onte 594: Emocións

Comprendo a indignación que Beiras expresou onte no Parlamento Galego de forma abrupta exixindo un pouco de ética a Feijóo que volvía ofendelo de forma moi groseira e desapiadada. O comportamento de Beiras, que simboliza a indignación cidadá ante un xeito amoral e utilitarista de entender a política, non sería noticioso noutros parlamentos europeos (como […]

Onte 593: Tras o día do libro

Foi o de onte un Día do libro intenso. Pola mañá acompañei a Agustín Fernández Paz na presentación en Pontevedra de Desde unha estrela distante. Foi esperanzador comprobar como falaban galego a maioría dos rapaces e rapazas de dúas clases de terceiro dun colexio público do centro de Pontevedra. No serán participei na presentación en […]

Onte 592: Con don Xesús

Acompañei ao profesor Xesús Alonso Montero na súa primeira tarde pública como presidente da Real Academia Galega. Unha xornada maratoniana que comezou moi cedo con dúas entrevistas de mañanciña na Televisión de Galicia en San Marcos, continuou cunha conferencia ás once da mañá na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra sobre o […]

Onte 591: Medra o fracaso escolar

O incremento da taxa de fracaso escolar en Galicia é unha das peores noticias políticas dos últimos tempos. Segundo as cifras do Ministerio de Educación no ano 2011 a taxa de abandono educativo temperán (os 41.739 mozos e mozas galegos, entre 18 e 24 anos, que non completaron a ESO ou descartaron seguir estudando) medrou […]

Onte 590: Coa Irmandade do Libro en Monforte

Acudín ao chamado do amigos da Federación de Libreiros de Galicia no seu xuntoiro anual nos premios Irmandade do Libro que desta volta se celebraron en Monforte de Lemos. Aledáronme, claro está, os premios que recibiron os autores da casa nosa, Chisco Fernández Naval por A noite branca como mellor libro do ano 2012, Antonio […]

Onte 589: O gaiteiro do Fragoso

Tras o recente pasamento de Melitón, outra nova tristísima a de onte, faleceu Henrique Otero, o gaiteiro do Fragoso. Morreu un mestre gaiteiro, o creador da primeira cátedra de gaita galega, un músico de raíz que levaba na ialma a harmonía da nosa cultura tradicional. Foi Henrique Otero facedor de gaiteiros e da pervivencia da […]