Entradas por bretemas

Onte 1232: Cruz latina

Desacougoume onte a noticia da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia revocando o derribo da Cruz dos Caidos do Castro. Reducindo este símbolo fascista a súa condición de «cruz latina» e, polo tanto considerándoa apenas como un símbolo relixioso propio da tradición cristiá, o Superior evita a demolición á que obrigaba a modélica […]

A batalla dos aeroportos

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o conflito aeroportuario no marco da campaña electoral. Somos moitos os cidadáns da área metropolitana viguesa que utilizamos Alvedro para viaxar a Londres. A excelente combinación diaria de Vueling co aeroporto de Heathrow, apenas unha hora e media de voo á primeira hora da tarde, […]

Onte 1231: Longsellers

Onte anunciamos en Twitter a chegada da imprenta de catro reedicións de títulos veteranos no catálogo de Xerais Narrativa: a 18ª d’ O crepúsculo e as formigas de Ferrín, a 17ª de Morning star, a 9ª d’ O club da calceta de María Reimóndez e a 5ª de Peaxes de Santiago Lopo. A curiosidade de […]

Onte 1230: Queremos galego

Lonxe de Compostela vivín con satisfacción o éxito da convocatoria da plataforma Queremos galego e a unidade dos grupos políticos da oposición e dos colectivos educativos e cívicos na defensa da lingua. Milleiros de activistas galeguistas expresaron na Quintana a súa vontade de rebelarse contra o actual proceso de substitución lingüística, unha situación que a […]

Onte 1229: 302.500 euros

Botei contas sobre os 302.500 euros que o goberno de Feijóo destinará a subvencionar un vídeo desta canción de Enrique Iglesias. Equivalen á cantidade que a Consellaría de Cultura e Educación dedica durante tres anos a apoiar o programación de tradución en galego, a dous anos de axudas á edición de materiais didácticos na nosa […]

Onte 1227: Centenario de don Xosé María Álvarez Blázquez

Magooume non poder baixar onte á Casa Galega da Cultura para asistir ao acto de celebración do centenario do nacemento de Xosé María Álvarez Blázquez. Teño reiterado a miña admiración por don Xosé María fose pola súa condición de libreiro e editor de catálogo de espírito innovador, un dos máis relevantes da historia da nosa […]

Onte 1226: «A antesala luminosa» de Antonio Tizón

Gran presentación a do serán (moi frío) de onte na cidade vella coruñesa. O magnífico salón de Portas Ártabras quedou pequeno para acoller ao máis do cento de persoas que acudiron á estrea de Antonio Tizón coa súa primeira novela, A antesala luminosa. A lexicógrafa e profesora Rosalía Cotelo García, o xornalista Cándido Barral Alvarellos […]

Onte 1225: San Brais

Poucas festas expresan mellor que o San Brais de Bembrive o carácter popular do Vigo en bisbarra. Entre os milleiros de romeiros, onte acudiron alí os candidatos á alcaldía para ser fotografados entre bombos, tazas, chourizos e cacheiras. Non faltou Elena Muñoz, que recoñeceu saber da importancia da festa, nin o alcalde Caballero que noutro alarde do seu fachendoso […]

Mantecón, pintor xeómetra

No artigo da semana en Faro de Vigo lembro a figura do pintor Francisco Mantecón con motivo da súa antolóxica no Marco. Despois de catorce anos do falecemento de Francisco Mantecón, a pasada semana foi inaugurada no Marco a primeira antolóxica da súa obra pictórica. Comisariada por Alberto González Alegre e Ángel Cerviño, dous grandes […]