Entradas por bretemas

Onte 1244: «A teoría do todo»

Chamoume a atención o feito de que o biopic sobre Stephen Hawking, un dos científicos máis destacados do noso tempo, quedase resumido nunha historia de amor de mocidade. The Theory of Everything non é outra cousa que unha película romántica de inequívoco arrecendo british, ambientada nos corredores da Universidade de Cambridge dos anos sesenta e […]

Onte 1243: Somos Nós

O éxito da presentación de Somos Nós onte en Compostela expresa que unha parte da sociedade galega nin se resigna nin está disposta a que Galicia desapareza como suxeito político. Baixo a forma dunha asociación, este movemento cidadán proponse como o seu primeiro obxectivo acadar que Galicia recupere a súa centralidade na axenda pública, asumindo no transversalismo, […]

Onte 1242: Encontro de irmandade

Que #onosoderbi non fose declarado «partido de alto risco» é unha excelente noticia para o fútbol galego, mais tamén un recoñecemento da madurez das afeccións deportivista e celtista para abordalo. As declaracións de onte do adestrador e presidente do Celta e de Víctor Fernández aventuran os mellores indicios dun encontro intenso na lameira, competido tacticamente, mais tamén unha […]

Onte 1241: «Antípodas» de Xosé Vázquez Pintor

Na libraría Maraxe de Cangas do noso admirado Lito acompañamos onte a Xosé Vazquez Pintor na presentación de Antípodas, a súa novela máis poética de derrotas e resistencias. Confesou Pintor que a novela escribiuna mentres estaba baixo mínimos, cando padecía as secuelas dun infarto severo. «Nese medo agarreime ao que podía esquecer, a todas aquelas baiuras que […]

Onte 1240: Encontros en negro

Magnífico serán literario, coincidindo cos enterros da sardiña, o que onte organizou Pedro Iturburúa no IES Torrente Ballester de Pontevedra. Baixo a denominación «Encontros en negro», Dolores Redondo, Domingo Villar e Pedro Feijoo conversaron con Ramón Rozas sobre a súa concepcion do xénero negro e a súa forma de abordar a escrita. Confesaron Dolores e […]

Onte 1239: O noso derbi

Nesta semana do noso derbi, paga moito a pena rir a cachón cos once minutos deste Era visto. O equipo de guionistas de Zopilote ganduxa os tópicos do Celta-Coruña as mil marabillas sobre todo cando alerta nos últimos segundos da peza que «nin os celtistas nin os deportivistas renunciamos a nosa rivalidade, mais cando veñen os de fóra a […]

Vigo retrocede

No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre o que entendo o retroceso actual que sofre Vigo e a súa área metropolitana. A pesar do meu natural optimista non podo negar que a situación de Vigo e a súa área metropolitana é crítica nos eidos económico, social e cultural e confusa no político. A […]

Onte 1238: Os merdeiros consolídanse

Moi lonxe da parvada de Mario Vaquerizo da man de Abel Caballero, pregoeiros sen pregón diante de centos de persoas, o mellor do Entroido de Vigo deste ano é a consolidación da figura tradicional do merdeiro (ou escabicheiro) ruando polo Casco Vello. Tras a reivindicación desta máscara viguesa, citada por Xoaquín Lorenzo «Xocas» e Federico Cocho […]

Onte 1237: Agustín ao Nóbel

Chamoume a atención o escaso eco que onte tivo nos medios a candidatura de Agustín Fernández Paz ao premio Nóbel de literatura presentada pola AELG. O nome do autor de Contos por palabras engádese aos de X.L. Méndez Ferrín e Luz Pozo Garza na nómina das candidaturas da literatura galega ao premio que outorga a Academia Sueca […]

A forza dos públicos

No número 14 de Luzes do pasado mes de xaneiro publiquei un texto que recupero completo para o arquivo do blog: Na vídeonadaliña que Feijóo difundiu na rede como presidente do Partido Popular de Galicia non incluíu nin “lingua” nin “cultura” entre as palabras que nun teimoso exercicio triunfalista considerou que “por fin volveran o […]