Entradas por bretemas

Onte 1439: Via Lliure

O novo éxito da Díada supón a consolidación do empoderamento dunha cidadanía catalana disposta a participar na construción dun novo país e a reclamar un novo estatus de Catalunya con España e con Europa. Un proceso de empoderamento, que no tempo coincidiu con movementos como o 15M, no que foi decisivo o peso das organizacións cívicas e […]

Onte 1438: Comezou a Primaria

Onte pensei moitas veces na miña sobriña Sabela que comezou primeiro de Primaria nun centro público de Vigo. Agardo que teña moita sorte e que cada mañán a luz e as pombas entren polas fiestras súa escola. Xaora, hai razóns para a preocupación sobre o que está sucedendo no sistema educativo. A continuidade da política […]

Onte 1436: Tractoradas

Nas tractoradas de Lugo e Santiago en defensa do sector leiteiro, identificamos una nova xeración de gandeiros chamada a protagonizar una mudanza radical no medio rural en Galicia. Unha xeración, retratada por Manuel Iglesias Turnes na súa segunda novela, Que non te aten, prevista para comezos de ano, que racha cos estereotipos e prexuízos sobre un mundo rural atrasado e conservador. Tras […]

Produtos galegos

No artigo semanal de Faro de Vigo (incompleto por un erro na versión enviada ao xornal) reflexiono sobre a soberanía alimentaria e a corresponsabilidade dos consumidores e consumidoras galegos. Miña avoa e miña nai foron praceiras do mercado do Progreso onde venderon durante décadas froitas e verduras. Desde novos aprendimos alí que os produtos do país […]

Onte 1435: «Corazón silencioso»

O dereito a unha morte digna, a cuestión da eutanasia, é un tema que foi abordado en películas como Mar adentro (2004) de Amenabar ou Amour (2012) de Haneke, Corazón silencioso, o drama do dinamarqués Bille August, volve sobre este dilema moral no que finalmente prevalece a firmeza da decisión individual sobre a dor que provoca esta […]

Onte 1434: Vítimas en Facebook

Vexo que tanto no caso do accidente do ralli da Coruña coma no asasinato machista de Vigo de onte, os grandes medios impresos utilizan nas súas informacións os datos e fotografías publicadas nos perfís de Facebook das vítimas. Sen dúbida que ningunha destas persoas acreditaría nesta posibilidade cando abriu o perfil nesta rede social nin valorou as diversas posibilidades […]

Onte 1433: As lecturas de Obama

O presidente Obama publicou a súa lista de lectura de vacacións, unha mestura atractiva de tres ensaios e outras tantas novelas de James Salter, Anthony Doerr e Jhumpa Lahiri. No noso entorno, máis alá dalgunha resposta a un suplemento de verán, non coñezo ningún político que fixese públicas as súas lecturas, o que nos axudaría a coñecer as […]

Onte 1432: Battiato en Vigo

Participamos no serán de onte na cerimonia case relixiosa do concerto do noso admirado Franco Battiato. O siciliano presentouse no escenario de Beiramar de forma austera, cantando sentando durante pouco máis dunha hora un repertorio intimista, a maior parte en italiano, meditativo, case místico, no que abordou a súa preocupación espiritual presente nos seus traballos […]

Onte 1431: Pulmón cívico de Galicia

Será difícil esquecer o tsunami de dignidade cidadá viguesa en defensa da sanidade pública que vivimos no serán de onte. En moi poucas ocasións, coa excepción da manifestación da Autonomía daquel 4 de nadal de 1977 e quizais nalgunha das mobilizacións do sector naval, sentimos unha resposta cidadá tan contundente e nítida. A trapallada da posta […]