Entradas por bretemas

Onte 1533: «A Coruña Anónima»

Máis dun cento de persoas xuntáronse onte no CGAI para participar na presentación d’ A Coruña Anónima, o calendario para o ano 2016 preparado polo fotógrafo José Caruncho e o xornalista Antonio López Mariño. Un acto interesantísimo no que se ditaron senllas leccións históricas moi divulgativas, Caruncho sobre as orixes da fotografía no século XIX, dende as imaxes de […]

Campo do Fragoso CLXX

«FÚTBOL DELL’ ARTE» COLECTIVO No serán do sábado gozamos dunhas cantas xogadas do Celta que poden ser clasificadas como propias do “fútbol dell’arte”, unha das variantes deportivas das Belas Artes. Dúas paradas imposibles de Sergio Álvarez, o Gato de Catoira, e un gol fantástico de chapeu de Iago Aspas, o Xenio de Moaña, constituíron accións […]

Onte 1532: «The lobster»

Decepcionoume de The lobster, a película do grego Yorgos Lanthimos que fora premiada polo xurado en Cannes. Non é moi doado comprender como un arrinque argumental tan xenial e brillante pode estragarse na segunda hora cando se produce unha mudanza de espazo e a trama se volve tediosa até pór a proba a paciencia do espectador. Ambientada nun espazo e tempo […]

Onte 1531: «A música das árbores»

Na matinal de onte presentamos na libraría Andel de Vigo A música das árbores, o libro disco de Servando Barreiro e Anxo Moure, ilustrado por Chus Láuzara. Coa participación de moitos miúdos, gozamos dunha hora na que os autores contaron e cantaron reivindicando o valor da natureza e da nosa lingua. Concibido como un conto musicado, […]

Onte 1530: «Luzes 24» Falamos o 21

Aproveitei o serán de onte para papar deseguido as trinta e dúas páxinas da revista Luzes 24, o monográfico sobre as Eleccións Xerais do 20D. Apenas media ducia de traballos dese xornalismo esencial, que partilla información con vontade estilo, capaz de orientar ao lector entre a atmosfera de escuridade e conformismo centralista da actual campaña electoral. Neste especial […]

Onte 1529: «Land Rover» en búlgaro

Contactei onte varias veces con Suso de Toro durante a súa viaxe camiño de Sofia onde foi convidado a presentar a súa edición de Land Rover en búlgaro. Unha publicación que constitúe outra proeza de Jonathan Dunne e Tsvetanka Elenkova, editores que apostan coma ningún outros coñecemos pola tradución da literatura galega, no seu caso […]

Onte 1528: A ética do escritor e o valor do xénero

Moi interesante foi a presentación d’ A noite enriba, a décima novela de Diego Ameixeiras, que onte celebramos na Libraría Cronopios de Compostela. A memorable intervención de Suso de Toro reivindicou o valor da novela de xénero e a ética do escritor. Comezou o autor de Ambulancia salientando que «falar de Diego Ameixeiras era facelo da ética do escritor, […]

Onte 1527: Cineuropa e Curtocircuíto

Non debería pasar desapercibido o feito de que este ano fosen recoñecidos os dous festivais de Compostela: Cineuropa co Premio da Crítica Galicia 2015 de Iniciativas Culturais e Curtocircuíto co Premio do Público de Culturgal 2015. Dous premios honoríficos que salientan a importancia de senllas iniciativas de difusión e promoción do cine independente converténdoo nun eixo dunha proposta cultural de […]

Onte 1526: «Paulina»

Paulina (La patota), o thiller de Santiago Mitre, é unha desas raras películas que se rosman á saída do cine. A violación dunha xove profesora por parte dunha panda («la patota») de mozos, entre os que hai algún dos seus alumnos, abre unha complexa reflexión sobre a violencia contra as mulleres, nacida da ideoloxía machista da […]