Poema de hoxe 23: «Ai, flores, ai, flores do verde pino» de Don Dinís
Ai, flores, ai, flores do verde ramo, se sabedes novas do meu amado? Ai, Deus! e u e? Don Dinís (1261-1325), «Ai, flores, ai, flores do verde pino»
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6861 entries already.
Poema de hoxe 23: «Ai, flores, ai, flores do verde pino» de Don Dinís/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Ai, flores, ai, flores do verde ramo, se sabedes novas do meu amado? Ai, Deus! e u e? Don Dinís (1261-1325), «Ai, flores, ai, flores do verde pino»
Na magnífica presentación d’ A noite enriba en Ourense, Diego Ameixeiras cualificou A Esmorga como primeira novela negra en galego, nunha liña moi semellante á das obras que David Goodis, o autor a quen el homenaxea nesta súa décima novela, fixera en Disparen contra o pianista, Pasaxe escura ou Venres negro. Novelas con tramas non […]
No artigo de Faro de Vigo desta semana valoro o acordo previo acadado para aconstitución da Área Metropolitana de Vigo. O recente acordo entre a Xunta Galicia e catorce alcaldías da rexión urbana de Vigo sobre a constitución, competencias e xestión da Área Metropolitana de Vigo pode cualificarse como histórico. Culmínase así unha iniciativa rexeneradora, […]
Poema de hoxe 22: «s/t» de Emma Pedreira/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
O exilio só existe con retorno. O outro chámase olvido. Emma Pedreira, s/t (Xerais, 2015)
Celebrouse onte o Día Internacional da aperta, que o mércores xa se anticipara na praza de Peniche, o espazo vigués dos abrazos, do acougo e da conversa, alentada polo optimismo colorista da gran kermesse de Antón Pulido alí instalada. O abrazo, a aperta, que ambas as dúas son palabras de noso, é unha das principais […]
Anunciamos onte a convocatoria dos Xerais 2016. Unha nova edición dos premios literarios que a editorial organiza dende hai trinta e tres anos. Como na edición anterior todos os tres premios terán idéntica dotación económica e todos os tres xurados estarán formados por persoas escollidas entre aquelas que nos fagan chegar o seu desexo de vivir durante dous meses intensos esta […]
Poema de hoxe 20: «Nomes no recordo» de Mª Carme Kruckenberg/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Non se deben arrastrar as emocións ata a liña que conleve o desamparo. Hai que medir o grosor dunha bágoa antes de chorar no espello Mª Carme Kruckenberg, Poemas sen resposta (Espiral Maior, 1999)
Dediquei os días pasados a revisar en profundidade os datos da edición en galego publicados no informe do Comercio Interior do Libro do ano 2014. Un exercicio no que chama a atención o feito de que por vez primeira nos últimos anos, repuntase o número de títulos publicados até os 1.881 títulos (1.332 publicados en […]
Poema de hoxe 19: «Todo o que pasou o meu pobo» de Uxío Novoneyra/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Todo o que pasou o meu pobo pasoume a min todo o que pasou o home pasoume a min Uxío Novoneira, Do Courel a Compostela (1980), no 86 aniversario do seu nacemento

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
