Entradas por bretemas

Onte 1607: Marilar, académica

Compartín onte con Marilar Aleixandre a tertulia política d’ A Crónica da Radio Galega, onde como tantos outros mércores debatemos cos xornalistas Fran Espiñeira e Ánxel Vence. Todos abeizoamos a Marilar pola súa candidatura para cubrir a cadeira de Xosé Neira Vilas  na Academia Galega, o que supón un merecidísimo recoñecemento para a súa traxectoria […]

Poema de hoxe 69: «RECOÑÉZOME na dúbida» de Xiana Arias

RECOÑÉZOME na dúbida: Canto tempo resistirá a man na pota de auga fervendo? Xiana Arias Rego, Acusación (Galaxia, 2009)

Onte 1606: 11.000 diarios

La Voz de Galicia lembraba onte que a Cidade da Cultura gasta cada día 11.000 euros en gastos comúns (1.335 € en limpeza, 4.263 € en electricidade, 1.951 € en mantemento, 1.956 € en seguridade, entre as principais partidas). Catro millóns de euros é a cantidade que a Xunta destina cada ano á apertura do Gaiás. E, ollo!, […]

Oito de marzo ou a loita pola igualdade

No  artigo da semana en Faro de Vigo abordo a efeméride do 8 de marzo: Dende a proclamación en 1910 do 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora, a instancias de Clara Zetkin, que propuxo na reunión da Internacional Socialista de Copenhagen lembrar ás obreiras téxtiles que en 1857 saíron a rúa en […]

Onte 1605: Cruzada contra a Normalización

A crónica de David Lombao, publicada onte en Praza, amosa as razóns da cruzada que contra as leis que protexen a lingua galega desenvolven os sectores galegófobos. O seu obxectivo non é outro que dinamitar o concepto de normalización lingüística e arruinar as políticas públicas de acción positiva a prol das linguas minorizadas que dende a […]

Poema de hoxe 68: «Pensar é escuro» de Luisa Villalta

Pensar é escuro como un muro de sombra inmerecida Luisa Villalta

Poema de hoxe 67: «As palabras soben e baixan» de Luís González Tosar

«As palabras soben e baixan, resoan na estreitez das rúas, fanse luz e, a veces, até son felices, Luís González Tosar, Estúrdiga materia (Galaxia, 2008)

Onte 1604: «Brooklyn»

Fomos ver con moita curiosidade Brookyn, a película irlandesa de John Crowley, escrita polo meu admirado Nick Hornby sobre a novela homónima de Colm Tóibín, a quen coñecimos intervindo en galego na entrega do último San Clemente. Un melodrama de fasquía clásica sobre a épica da emigración irlandesa a Nova York, apoiada pola Igrexa, a comezos […]

Poema de hoxe 66: «Vaiamos irmana, vaiamos dormir» de Fernando Esquío

Vaiamos, irmana, vaiamos dormir nas ribas do lago, u eu andar vi a las aves meu amigo. Fernando Esquío (século XIII)

Onte 1603: Goleadas

O Celta recibiu no Bernabeu unha goleada que avergonzou a súa afección. Chovía sobre mollado tras as malleiras recibidas hai pouco no Camp Nou, no Pizjuán e en Vallecas, que devolven ao cadro de Berizzo  á condición de comparsa goleada de bonito xogo combinativo e «temible» tridente atacante. Sen menoscabo da boa tempada dun cadro de carácter bipolar, […]