Entradas por bretemas

Poema de hoxe 114: «A cidade sen roupa ao sol» de Marga do Val

Camiñan as horas pola ponte os seus dedos non tocan a auga que a atravesa. Marga do Val, A cidade sen roupa ao sol (Espiral Maior, 2010)  

A fuga de Marín

Dedico o artigo da semana en Faro de Vigo ao conflito do porto de Guixar. O anuncio da marcha de Maersk, a empresa armadora dinamarquesa con actividade en todo o mundo, que move máis dun terzo dos contedores do porto de Vigo, da terminal de Guixar a de Marín-Pontevedra pon en evidencia as importantes dificultades […]

Onte 1650: Liquidación de Existencias

Expresei onte as nosas desculpas a Marcos Lorenzo e a Difusora de Artes, Letras e Ideas pola coincidencia de títulos entre a obra que eles publicaron en 2005 como Liquidación de Existencias e a novela de Ramón Caride que publicamos en Xerais en xaneiro. Sei que é de xustiza expresar as nosas desculpas polos prexuízos que esta […]

Poema de hoxe 113: «Sebes contra o vento» de Alfonso Álvarez Cáccamo

Unha onda sutil arrasará un verso náufrago. Alfonso Álvarez Cáccamo, Sebes contra o vento (Espiral Maior, 2009)

Onte 1649: O orgullo de Sergio Álvarez

Escoitar a Sergio Álvarez, o gardarredes do Celta, expresar no programa En xogo o seu orgullo de falar galego é unha beizón. Sergio faino con absoluta naturalidade, sabendo que non é algo extraordinario, asumindo a lingua galega apenas como o seu vehiculo de comunicación cotián, desfacendo asi tantos prexuízos pailáns sobre o uso do noso idioma […]

Poema de hoxe 112: «A agulla» de Branca Novoneyra

Os círculos concéntricos hipnotizados polo son da agulla platino cantan soños sen nome. Branca Novoneyra, Dentro do labirinto (Espiral Maior, 2009)

Poema de hoxe 111: «Templo» de Manuel Xosé Neira

Abril entre a chuvia como de frauta de lustrosos caxigueiros, no eixido Manuel Xosé Neira,Templo (Galaxia, 2001)

Poema de hoxe 110: «A rotura das paisaxes» de Xesús Constela

O fotógrafo non aturou tanto silencio Xesús Constela, A rotura das paisaxes (Xerais, 2016)

Onte 1647: Trinta anos da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística publicaba onte o cartel de Xaquín Marín das xornadas que sobre o “Estado actual da Normalización Lingüística” se celebraron do 18 ao 20 de abril de 1986, convocadas pola AELG, ASPG, AGAL e Federación de Asociacións Culturais. Encontros a raíz do que se constituiría este colectivo cidadán en defensa da […]