Entradas por bretemas

Onte 1783: “O inspector e mais eu” de Ignacio Vidal Portabales

Presentamos onte na Libraría Couceiro de Compostela O inspector e mais eu, a segunda novela de Ignacio Vidal Portabales. O crítico Armando Requeixo glosou unha obra que comezou cualificando de “estupenda novela dun autor que dende a publicación de Dióxenes en Dolorida descubrimos como unha poderosa voz para a nosa narrativa”, para engadir despois que “é moi […]

Onte 1782: “Mensaxe dende o silenzo” de Licalaterna

A poesía de Celso Emilio Ferreiro continúa sendo fonte orixinal para a música galega. Comprobeino, outra vez, como membro do xurado do 1º Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas musicados, unha iniciativa con certa semellanza á que Lluis Llach tivo coa obra do poeta Miquel i Marti Pol, no que participaron trinta e dúas cancións, moi diversas […]

Onte 1781: Premios da Crítica Galicia pola igualdade

Non hai dúbida que os Premios da Crítica Galicia ditaminados onte foron os da igualdade, tanto polos recoñecementos que recibiron María do Cebreiro, o equipo de investigadoras en literatura infantil e xuvenil dirixido por Blanca Roig, Uxía, María Barcala do Teatro Atlántico e o Observatorio da Mariña pola Igualdade, como pola composición tamén dos xurados que […]

Onte 1780: Ledicia Costas e Daniel Landesa na Hobbit de Navia

Foi ben bonito presentar onte na Libraría Hobbit de Navia  Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas. Foi emocionante que mais de medio cento de persoas ateigasen unha libraría de barrio, o único foco de cultura dunha nova cidade de moitos milleiros de habitantes. Foi un privilexio scoitar a intervención […]

Onte 1779: Culturgal 2016, comunidade e futuro

Baixo o lema «Cultura, comunidade e futuro» presentamos onte a programación do Culturgal 2016, que do 2 ao 4 de decembro se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra. A novena edición dunha feira das industrias culturais galegas que pretende continuar sendo un espazo de encontro e mediación dos diversos sectores empresariais da cultura galegas coas institucións e os […]

Onte 1778: Feijoo inicia a despedida

Comeza a terceira lexislatura de Alberto Núñez Feijoo como presidente da Xunta coa paradóxica estabilidade do seu goberno e coa mudanza completa da oposición tanto na composición os seus grupos como nos seus liderados. Unha situación cómoda para un Feijoo feliz e pletórico que xa emula a Manuel Fraga identificando as propostas do seu partido cos […]

Campo do Fragoso CLXXXVII

GUIDETTI BLUES Tras as actuacións desta semana no Amsterdam Arena e no Municipal de Balaídos, John Guidetti recuperou o seu protagonismo como dianteiro pelexón e rematador implacable, o que o continúa situando entre os xogadores máis agarimados e valorados polos siareiros e siareiras. Diante dun Valencia, moi intenso e comprometido na presión, o internacional sueco […]