20 anys de Bromera
/en Editores, Vídeos/por bretemasLa Favorita de Príncipe
/en Artigos, Persoal, Vigo/por bretemasHoxe na rúa do Príncipe xa non hai fotógrafos de rúa, nin vendedores de parisién, nin libraría ningunha. Apenas unhas cantas xoeirías das de toda a vida, como a de Rainiero Fernández, o grande fotógrafo afeccionado, e un par de zapatarías resisten o empuxe da nova economía global, que no terreo do comercio impoñen as franquicias e tendas das grandes cadeas. De todo aquilo quédanos a memoria da infancia e as fotografías que o noso amigo Manolo Vicente, sempre tan previsor, fixo uns días antes que pechara para sempre La Favorita de Príncipe.
Brétemas temáticas
/en Persoal/por bretemasCos meus mellores desexos nesta noite saudosa para os lectores e lectoras sempre tan xenerosos comigo. Con todos os abrazos.
Himno polémico
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Música, Política, Vídeos/por bretemasVolve Richard Sennett
/en Ensaio, Novidades, Sociedade, Socioloxía/por bretemasPara o pensador social norteamericano os traballadores estamos sometidos a unha inevitable corrosión do carácter provocada pola agresiva cultura relacional do que el chama “capitalismo impaciente”. Vivimos nunha era da fragmentación, onde cada individuo debe encarar o reto de definirse a través de constantes mutacións profesionais en ausencia de institucións capaces de dar sentido á vida (o que podemos definir como “precarización” da empresa por medio da externalización dos seus servizos). Reto ao que habería que engadir outro non menos complexo, o de dar a talla na chamada “sociedade das habilidades” na que o talento xa non se valora e as competencias do individuo quedan axiña obsoletas (o que supón a dificultade ou a imposibilidade de facer planos a longo prazo, a presenza do fantasma da inutilidade dos mozos ben preparados como outro paradigma da fragmentación). Retos, os anteriores, ao que habería que sumar o da necesidade de buscar un lugar dende o que sexa posible manter vencellos co pasado que sexan capaces de explicar argumentos de vida que cadaquén debe ir tecendo (que remiten aos fenómenos da “soidade acompañada” ou da desigualdade cada vez máis vencellada cos fenómenos do aillamento).
Este novo libro de Sennett, para min moito máis claro que os dous anteriores, constitúe dende unha perspectiva moral un alegato contra a “cultura da superficialidade” na que o consumismo desaforado (Viva o o Nadal!) substitúe á politica e os apaños e a solidariedade familiar ás medidas sociais. Sennett remata o seu ensaio reivindicando unha nova cultura do traballo ancorada en tres grandes valores, que considera decisivos:
–O relato: procurar o sentido de conexión narrativa no traballo, atopar o argumento ou sentido do que facemos. Sennett apunta como iniciativas innovadores deste esforzo as realizadas nos Estados Unidos e na Gran Bretaña para dar forma ás “institucións paralelas” que tratan de facilitar aos traballadores a continuidade e a sostibilidade ausentes nas organizacións flexibles e a curto prazo, as experiencias de “emprego compartido” e as de “ingreso básico”.
–A utilidade: procurando, sobe todo nos servizos públicos, un recoñecemento socialmente inclusivo de todo tipo de traballos.
–O espírito artesán: definido como “o desexo no traballo de facer ben algo polo simple feito de facelo ben.”
Un libro de referencia, a contracorrente, que nos interroga continuamente e que axuda a mellor entender o noso tempo presente. Recoméndoo.
Premios Xerais 2007
/en Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasNace a Diciopedia do século XXI
/en Dicionarios, Lingua, Novidades/por bretemasOs meus parabéns aos colegas de Galaxia, Cumio e Ediciós do Castro que se uniron para acometer conxuntamente dende a iniciativa privada o importante proxecto da Diciopedia do século XXI.
Campo do Fragoso XXIX
/en Artigos Faro de Vigo, Campo do Fragoso, Celta de Vigo, Fútbol/por bretemasO INSTANTE DECISIVO
Esta tempada un extraño trasno debe habitar na estragada lameira de Balaídos trabando as botas dos dianteiros celestes e impedindo que se produzan eses instantes decisivos, eses alustros de duración apenas perceptible para os seareiros, que permiten a aparición da fantasía irrepetible do gol. Onte, o Celta volveu poñer sobre o terreo todos os ingredientes necesarios para que algún deses momentos máxicos aparecesen: a intención atacante, a intensidade defensiva, o manexo con sentido da pelota, o despregue en velocidade polas bandas, o toque preciso nos desprazamentos, a cooperación no contragolpe… A pesar de manexar con soltura todos estes conceptos do fútbol gañador, mesmo a pesar do conformismo do actual pechacancelas da liga, o conxunto galego volveu naufragar na casa por que foi incapaz de concretar as súas múltiples oportunidades nos instantes decisivos: un pexegazo moi ben intencionado de Jorge Larena á trabe, un punteirazo ao pao do sempre batallador Baiano ou as diversas melés a porta baleira que os dianteiros celestes non souberon resolver. Durante moitos minutos do partido, cun dominio tan apabullante, con ocasións tan claras e realizando un xogo combinativo moi aceptable, parecía imposible que os celestes non acadasen, por fin, a vitoria diante dos seus afeccionados. Porén, por mor da teimosa presenza do trasno da imprecisión nos instantes decisivos o gol non só non apareceu se non que volveu asomar a temible sombra da derrota. Cando avanzada a segunda parte o Celta comezou a decaer fisicamente, tras tres encontros nunha semana, afortunadamente os de Lotina careceron da convicción suficiente para levarse o encontro nun dos seus contragolpes. Para os dous conxuntos estivo claro que no fútbol, como na vida, non se pode gañar se non se aproveitan eses poucos instantes decisivos.
Segundo Congresso de Editores
/en Edición, Eventos, Portugal/por bretemasAquí poden lerse todos os relatorios presentados no pasado Segundo Congresso de Editores. Moi interesante para coñecer o estado da edición e as preocupacións dos nosos irmáns portugueses.
Etiquetas: Congreso_Editores, Portugal
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- FIl Guadalaxara4 de Decembro de 2024 - 11:03 a.m.
- Museo de Vigo3 de Decembro de 2024 - 11:13 a.m.
- Apiario27 de Novembro de 2024 - 10:20 a.m.
- A fala de Vigo26 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Karnix celta25 de Novembro de 2024 - 9:30 a.m.