Durango 2005
/en Eventos/por bretemas
Abriu as portas a Feira do libro e discos vascos de Durango. Este evento, cunha tradición de corenta anos, é un modelo para emular en Galicia. Será posible, por fin, no vindeiro 2006 organizar o Salón do Libro e das industrias culturais galegas?Sucesión resolta
/en Política/por bretemasAn Alfaya, premio Lazarillo 2005
/en Literatura infantil e xuvenil, Premios/por bretemas
Magnífica noticia: a nosa amiga An Alfaya resultou gañadora do Premio Lazarillo 2005 por A sombra descalza, novela xuvenil ambientada na Guerra Civil. Este premio, o máis antigo da literatura infantil e xuvenil en España, no que compiten orixinais inéditos de todas as linguas oficiais, dáselle moi ben aos nosos autores e autoras. Ata agora, obtivérano Agustín Fernández Paz (1990), Marilar Aleixandre (1999), Gloria Sánchez (2000), Ana María Fernández (2001) e Xosé Antonio Neira Cruz (2004). Parabéns entusiastas para An!!!
Novo Premio de literatura Xuvenil
/en Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais/por bretemasPisa e abandoxado da castaña no Froxán
/en Festas/por bretemas
O sábado volveremos a Froxán á Festa da pisa e do abandoxado da castaña. Alí presentaremos a Fonte de esperante de Xesús Manuel Marcos. É unha das festas tradicionais máis auténticas e emocionantes que coñezo. Quen acorde acudir, non debe esquecer puchos e luvas. Paga verdadeiramente a pena.Noxtrum
/en Internet/por bretemas
A versión beta de Noxtrum, o novo buscador do Grupo Telefónica Internacional, está operativa. A verdade é que a procura na web é aínda frouxiña, porén cun pouco de paciencia en Local poden atoparse teléfonos, cifs e mapas (información incluída nas páxinas brancas e amarelas) e por cinco buscas, dáche dereito (por agora) a enviar un sms gratis. Cousa de probar, hai xente que o está avaliando e lle atopa utilidades interesantes.O libro, para quen o traballa
/en Libro de texto/por bretemasEsperanza
/en Persoal/por bretemas… para min, a esperanza é unha cousa que teño cando me esperto, que perdo no almorzo, que recupero cando recibo o sol na rúa e que, logo de camiñar un intre, vólvelleme caer por algún buraco do peto. E dígome: “Onde quedou a esperanza?”. E búscoa e non a encontro. E entón, aguzando o oído, escóitoa aí, croando como un sapiño minúsculo, chamándome desde todos os pastos.
Téñoa, vólvoa perder. Ás veces durmo con ela e ás veces durmo só. Pero eu nunca tiven unha esperanza de receita, comprada nunha tenda de corte e confección, unha esperanza dogmática. É unha esperanza viva e, polo tanto, non só está a salvo da dúbida, senón que se alimenta da dúbida.
Indixestión editorial, indixencia lectora
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cultura, Lectura/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Memoria de Enrique Macias4 de Novembro de 2025 - 6:18 a.m.
Folga no ensino29 de Outubro de 2025 - 7:40 a.m.
Novo Mundial para Balaídos?28 de Outubro de 2025 - 9:37 a.m.
Desde Vigo, Galicia como tarefa25 de Outubro de 2025 - 9:44 a.m.
Sempre Aspas25 de Outubro de 2025 - 9:32 a.m.




