Sucesión resolta

Reitereino semanas atrás nas tertulias da Radio Galega: a sucesión estaba cociñada e resolta. Touriño e Quintana deben espabilar, o período de graza está a piques de rematar para eles.
3 comentarios
  1. Nygard
    Nygard Dice:

    Tes moita razón. O PP está a facer unha renovación sen apenas desgaste (grazas tamén ao papel xogado polos medios de comunicación e aos poderes que están detrás destes).

    No goberno as cousas van, diante da sociedade, batante lentas. Eu creo que, a maiores das medidas estructurais que son as realmente importantes para o país pero que no curto prazo son pouco ou nada visíbeis, BNG e PSdG deberían esforzarse porque se visualizase o cambio. Non é doado pero o governo de ZP fíxoo moi ben ao principio.

    Seguramente alguén dirá que non podemos quedarnos na política de propaganda pero que ningúen dubide de que o PP vai utilizar toda a demagoxia do mundo e vai embarullarao máximo a político para que non se perciban os cambios na “estructura”. Núñez Feijoo ten o perfil perfecto para iso e agora están lanzados co que pasa en Madrid.

    Está claro que na política a ética alónxase moitas veces da estética pero ou estamos listos ou isto pode pintar mal.

Los comentarios están desactivados.