Peinador
No artigo da semana en Faro de Vigo recupero un anaco da historia do aeroporto de Peinador, ao fío da súa crise actual.
Peinador foi construído, literalmente, pinga a pinga polos vigueses, co esforzo dos nosos avós e dos nosos pais. Non é lenda urbana ningunha. Foi unha angueira de vinte e cinco anos, iniciada en 1929, cando se abriu o porto de Vigo ao tráfico aéreo para hidroavións, e finalizada aquel 25 de abril de 1954 no que aterrou sobre a pista de mil cinco centos metros de Peinador un DG-3 de Iberia inaugurando o enlace aéreo Madrid-Vigo. Durante os anos de entusiasmo republicano, nos que xermolaron algúns dos proxectos de desenvolvemento urbano máis decisivos para a historia da cidade, o concello, co apoio dalgúns empresarios vigueses, pulou polo proxecto de construír un aeródromo terrestre nuns terreos próximos ao primeiro apeadeiro do tranvía Vigo-Mondariz, bautizado como “Peinador” en homenaxe ao emprendedor galeguista Enrique Peinador Lines, quen fora o máximo impulsor desta liña do tranvía suburbano vigués e responsable do incrible proxecto do Balneario de Mondariz.
En 1936 deseñouse un primeiro proxecto para Peinador con tres pistas de voó e unha estrada de circunvalación. Tras o levantamento militar, o goberno obrigou aos veciños dos concellos de Vigo, Lavadores e Mos a traballar dous días de cada mes sen remuneración ningunha na construción do futuro aeroporto. O tranvía era o medio de transporte utilizado polos vigueses militarizados para chegar a unhas obras que, como lembra Antonio Giráldez Lomba no seu magnífico libro sobre os tranvías de Vigo, quedaron na memoria do noso cancioneiro popular: “O chegar a Peinador, / o primeiro que se ve, / carretilla, pico e pala / e porrón… para beber. / Se vas a Peinador, / mira qué vas facer, / pois vas a traballar / e non vas a comer.” Unha prestación persoal que podía ser redimida –só por uns poucos, ben adiñeirados– pagando en 1937 doce pesetas á Junta del Aeropuerto de Vigo.
A apertura da primeira liña regular do aeroporto de Lavacolla en 1937, que unía Santiago, Salamanca, Valladolid e Zaragoza, adiou o ritmo dos traballos de Peinador, que serían recuperados unha década despois. Mágoa que daquela se desbotase o fermoso proxecto de terminal de Jenaro de la Fuente, de inequívoca xínea racionalista, que quedou como outras posibles alfaias viguesas no territorio da nosa arquitectura de papel. Tras a posta en marcha da liña de Aviaco con Madrid no 54 e con Barcelona no 58, o pulo industrial vigués foi tirando de Peinador, que cada década foi sometido a obras de ampliación da terminal de viaxeiros e dos servizos de axuda á navegación. En 1981, tras a primeira ampliación da lonxitude da pista, iniciáronse os voós internacionais, aínda que habería aínda que agardar ao pulo económico da década dourada (1998-2008) para asistir a un crecemento espectacular do tráfico da terminal viguesa, que en 2007 acadou a cifra dun millón catro centos mil viaxeiros, liderando o ano seguinte o tráfico dos tres aeroportos galegos no que atinxe ao número de usuarios das liñas que unen Galicia con Barajas.
Hoxe Peinador sofre a crise máis importante da súa historia. Tras uns anos extraordinarios, os efectos da crise económica e da competencia das terminais internacionais de Porto e Compostela (onde se estableceron bases de liñas aéreas de “prezos reducidos”) deixarán a terminal viguesa este ano por baixo do millón de usuarios. Un resultado que terá dúas importantes consecuencias: a redución do número de conexións, tanto coas terminais españolas como as internacionais, anunciada polos operadores para esta tempada de inverno e para a da vindeira primavera; e o aumento apreciable do prezo dos billetes e da ocupación dos avións por traxecto, feitos dos que se fala en voz baixa, mais que xa se veñen producindo nestes últimos días, onde por algún billete de ida e volta a Madrid pode chegar a pagarse unha cantidade moi próxima aos 500 euros. En definitiva, se non mudan as cousas, desde Peinador teremos menos voós e billetes máis caros.
Non é doado atopar unha receita máxica que permita darlle volta a este carpín. Fracasado o modelo de reparto do comité de rutas entre as tres terminais aeroportuarias –deseñado polo Partido Popular para avalar as axudas que recibe Lavacolla, concibido como aeroporto internacional de Galicia–, a oferta de Peinador debe procurar a súa singularidade dentro do modelo centralizado sobre Barajas e El Prat de tráfico áereo español e dun número moi reducido de enlaces europeos, singularmente o de Charles de Gaulle e o de Heathrow. Na potenciación desas poucas rotas estratéxicas (Madrid, Barcelona, París e Londres), que permiten en menos de tres horas conexións dende Vigo cos cinco continentes (o que pode ser importante, tamén, para converter o porto en base de cruceiros), e na potenciación do tráfico de mercadorías pode residir a recuperación de Peinador.


Peinador foi construído, literalmente, pinga a pinga polos vigueses, co esforzo dos nosos avós e dos nosos pais. Non é lenda urbana ningunha. Foi unha angueira de vinte e cinco anos, iniciada en 1929, cando se abriu o porto de Vigo ao tráfico aéreo para hidroavións, e finalizada aquel 25 de abril de 1954 no que aterrou sobre a pista de mil cinco centos metros de Peinador un DG-3 de Iberia inaugurando o enlace aéreo Madrid-Vigo. Durante os anos de entusiasmo republicano, nos que xermolaron algúns dos proxectos de desenvolvemento urbano máis decisivos para a historia da cidade, o concello, co apoio dalgúns empresarios vigueses, pulou polo proxecto de construír un aeródromo terrestre nuns terreos próximos ao primeiro apeadeiro do tranvía Vigo-Mondariz, bautizado como “Peinador” en homenaxe ao emprendedor galeguista Enrique Peinador Lines, quen fora o máximo impulsor desta liña do tranvía suburbano vigués e responsable do incrible proxecto do Balneario de Mondariz.
Para algúns comentaristas é un lugar común afirmar que Vigo ten tres alcaldes: o do Campo de Granada, o das Avenidas e o do recheo de Bouzas. Un xeito irónico de expresar a escasa cooperación institucional, cando non aberta competencia, entre as tres administracións (o concello, a Autoridade Portuaria e a Zona Franca), que operan sobre a nosa cidade. Nin sequera aqueles triunviratos monocores dos anos da movida (Manuel Soto na praza do Rei, Elena Espinosa no porto e Francisco López Peña na Zona Franca) ou dos noventa do ciclón fraguista (Manuel Pérez, Juan Corral e Pablo Egerique) foron capaces de que estas tres institucións –tamén tres administracións, local, autonómica e estatal– artellasen un sólido proxecto de desenvolvemento estratéxico para o Vigo Metropolitano.
En todos os ámbitos citados, o castelán é sempre considerada como a lingua por defecto, a lingua escollida, no mellor dos casos, para iniciar o intercambio comunicativo, relegando o galego a un segundo plano, o da lingua subsidiaria, propia dunha minoría en inevitable decadencia. Unha situación que os galegofalantes enfrontamos con paciencia, ironía e cordialidade infinitas, que como sinala Carlos Callón no seu último libro,
O luns, 8 de agosto, publiquei en Faro de Vigo o derradeiro artigo semanal da tempada. Que quede 
Tras
Fora en Vigo, tamén, onde cinco ou seis anos antes, durante os veraneos coa súa dona viguesa, comezará a interesarse pola fotografía, ao que non foi allea a amizade familiar co xoieiro Rainiero Fernández, outro fotógrafo “amateur” que o familiarizou coa técnica fotográfica e o introduciu nos círculos da Agrupación Fotográfica Gallega de Vigo. No en tanto, cando Terré se instala de forma definitiva en Vigo, xa é un fotógrafo feito, que ten acadado prestixio de seu nas exposicións colectivas organizadas en Barcelona pola Agrupación Fotográfica de Cataluña, formando parte do grupo TMM (Terré, Miserachs, Masats). Así se demostra nesta antolóxica comisariada por Chema Conesa en pezas memorables como as da Semana Santa de Sant Boi, a reportaxe do circo ou os retratos roubados nas rúas de Barcelona, onde a súa ollada irónica e o seu afiadísimo sentido do humor equilíbranse cunha tenrura tan elegante capaz de descubrir nas persoas comúns, as máis humildes, aquilo que non se ve ou o fotógrafo por pudor e respecto deixou fóra do seu foco.
Outrosí sucede coas reportaxes realizadas na Galicia tradicional, un dos seus espazos preferidos. Singular importancia teñen na exposición algunhas pezas rescatadas da romaxe de Santa Marta de Ribarteme, fotografada por Terré até nunha ducia de anos cunha intención inequívoca e honesta de deitar unha ollada que na escenificación do tránsito da morte enxergase a esencia do humano. Esa é a intencionalidade sobranceira de todo o seu traballo, procurar os espazos da alma, ese espírito do humano que constitúe a esencia fundamental que permanece no tempo. Quizais fose esa a razón pola que Terré non quixo modificar nunca a súa técnica ao longo de toda a súa andaina (
O resultado das municipais do 22-M trasacordou a posta en marcha da Área Metropolitana de Vigo (AMV). O fracaso do Partido Popular en Vigo e dos gobernos de coalición de socialistas e nacionalistas en Redondela, Cangas e Moaña desequilibrou os compromisos adquiridos –non me atrevo a empregar o termo “consensos”, xa que non foron asinados– antes da convocatoria electoral polos tres partidos arredor da Lei da Área Metropolitana de Vigo.

A dor e a tristeza daquel éxodo de milleiros dos nosos compatriotas, que enxergaban alén mar un futuro que daquela en Galicia se lles negaba, quedou inmortalizado na 