Onte á noite douscentos militantes, que conformaban a asemblea do
BNG de Vigo,
aprobaron por ampla maioría esixir definitivamente ao Consello Comarcal a expulsión de
Pedro González-Valadés polo feito de ser membro da
Asociación Galega de Amizade con Israel. Aínda que o caso non está pechado, xa que o Consello Comarcal deberá decidir en consecuencia e mesmo habería a posibilidade de que a decisión fose retificada pola Dirección Nacional, esta votación amosa a posición de intransixencia na que se volve colocar a agrupación do
BNG vigués. Para entender o caso ven coma anel o
artigo de hoxe de Alfredo Conde. Síntome profundamente decepcionado pola incomprensible derrota cara o abismo que colle o
BNG en Vigo, fose en temas estritamente políticos coma o de Valadés, sexa nas súas posicións sobre o urbanismo onde leva todo o mandato desta corporación coincidindo coas posicións de
Chema Figueroa. Unha tristeza.