Móvete pola lectura
/en Animación, Bibliotecas, Book_trailer, Iniciativas, Lectura, Música, Promoción do libro, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemasO profesorado da Sprague Elementary School (USA) gravou este lipdub (“Put Books in your head”) para animar ao seu alumnado a ler no verán. Chamoume a atención polo que ten de testemuño do que se está facendo na maioría dos sistemas educativos por presentarlle ao alumnado a lectura como unha actividade atractiva; todo un claustro non dubida a poñerse a bailar para seducir aos rapaces e rapazas a que se atrevan cos libros. Bravo! Outrosí sucede coa fórmula dos lipdub, eses vídeos de danza colectiva e contínua (utilizada con éxito para a defensa da nosa lingua), asociados á cultura viral das redes sociais. Vencellar ambos os dous elementos, semella unha fórmula a ensaiar na promoción da lectura nos centros educativos.
O lipdub permite, ademais, coñecer por dentro as instalacións dunha Escola Primaria estadounidense, é moi recomendable reparar nos detalles, así como na letra da canción de Jason Derulo.
Vía Trafegando ronseis (obrigado).
«As palabras máxicas», fermosa experiencia educativa no Porto do Son
/en Animación, Cine, Educación, Gravacións, Lectura, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemasas palabras máxicas from SonCine on Vimeo.
O luns 21 e martes 22 de xuño os mozos e mozas do Clube de Lectura e do Clube da Lingua do noso instituto achegáronse aos colexios de Sobrado-Nebra, Campanario, Xuño e Caamaño para contarlles historias aos nenos e nenas de infantil e, no caso de Nebra, de Primaria. Para nós foi unha experiencia moi fermosa, emocionante e chea de incertidumes e nervos, pois era a primeira vez que exerciamos de contacontos en público. Queremos darlles as grazas ás profesoras e profesores destes colexios pola súa acollida e comprensión, a Ánxela Doval polo seu bo facer na preparación das contadas e os contadores, a David Pérez polo traballiño (outro máis!) e a sensibilidade desta nova montaxe de Vinte10 TV e a Sonia Ces pola compañía.
Son seareiro entusiasta dos vídeos do proxecto Vinte10 TV, que recollen algunhas accións do Clube de Lectura e do Clube da Lingua do IES de Porto do Son. Esta peza, alicerce dunha experiencia de continuidade da cadea da lingua (os rapaces e rapazas de ESO contan aos picariños de Infantil e primeiro ciclo), é unha marabilla. Recomendo vela devagariño, xa que ten interese tanto dende o punto de vista de amosar como é posible visualizar interxeracionalmente a esperanza da lingua, como polas posibilidades dun obradoiro de imaxe no apoio a estratexias de animación lectora. As miñas maiores beizóns para todos e todas as participantes en tan magnífico traballo.
«Lois Pereiro: Contra a morte» de Iago Martínez e Álex Cancelo
/en 17_de_maio, Autores, Cine, Homenaxes, Poesía, Vídeos/por bretemas
Adiantos do documental Lois Pereiro: Contra Morte que Iago Martínez e Álex Cancelo ultiman sobre a figura que será homenaxeada o 17 de maio de 2011.
desconxeLE
/en Editores, Promoción do libro, Publicidade, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemas
Magnífica iniciativa a dos amigos de Editora 2.0. Aproveito o enlace do blog As Gabarras para recomendar o vídeo. Unha campaña de lectura para o verán: desconxeLE.
Premios Xerais 2010 por Alfredo Ferreiro e Blogaliza
/en Premios, Vídeos, Xerais/por bretemas
As miñas beizóns.
In memoriam de José Saramago
/en Autores, In memoriam, Narrativa, Portugal, Vídeos/por bretemas
Recomendo o seguemento nos medios portugueses da noticia do seu falecemento realizada en constante actualización polos nosos amigos do blog Blogtailors. ATÉ SEMPRE, MESTRE.
Cando un galego crece, toda Galicia crece
/en Publicidade, Vídeos/por bretemas
Bapconde, no seu estilo narrativo tan característico, preparoulle a Caixa Galicia esta campaña que, semella destinada a amparar a fusión: “cando todo vaia máis, celebrómolo”, “estamos facendo o que debemos, crecer”, “cando un galego crece, toda Galicia crece”.
Vía Islas Cíes, obrigado.
Ao fío dos Premios Xerais: «a narrativa galega renóvase»
/en Comercio do libro, Edición, Libro_electrónico, Narrativa, Premios, Vídeos, Xerais/por bretemasPremios Xerais 2010, galerías de fotos
/en Eventos, Galerías de fotos, Premios, Vídeos/por bretemasAbrimos unha conta de flickr e colgamos as galerías de fotos do Premio Xerais 2010 que fixo Manuel G. Vicente.
No blog de Xerais poden consultarse as vídeoentrevistas que realizou Alfredo Ferreiro ás gañadoras, secretarios e membros de xurado, así como a diversos escritores, editores e críticos. Unha cobertura excelente.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.