Portugal, uma praça para o mundo
Chego vía Manolo Gago (obrigado) a esta peza que Anze Perzin preparou para o pavillón de Portugal da Expo de Xangai 2010. Chamoume a atención na música de Rodrigo Leão a importante presenza de gaitas e a escena final de tambores case a ritmo de treboada. Como peza publicitaria pareceume eficaz. Non falta nin a cortiza nin o viño do Porto nin os goles de Cristiano Ronaldo nin a fadista Mariza. Unha imaxe amable de Portugal para proxectarse no mundo.


No 


Este serán, agardando polo vitrasa para volver do chollo, sorprendeume a publicidade da traseira do bus dos Caños: «Se mercas unhas gafas, regalámosche un libro». A bonita iniciativa marqueteira, que tamén de promoción lectora, corresponde a 

