Unha lingua para todos
O pronunciamento da Academia Galega sobre o estado da lingua, a pesar de chegar con certo retraso, merece todos os parabéns. A claridade e contundencia do chamamento achega argumentos de autoridade que, canto menos, dificultarán a modificación unilateral do decreto de fomento do galego no ensino prometida polo actual Goberno Galego. Acerta a Academia cando propón un gran acordo social arredor da lingua, recuperando así o consenso acadado en 2004 co Plan Xeral de Normalización. Acerta, tamén, cando insiste en que a lingua non é propiedade de ninguén e que a política lingüística non pode quedar reducida ás aulas. O documento supón un duro correctivo para as intencións expresadas por Feijoó, a pesar de que deixa unha xanela aberta para o consenso, propoñendo partir do consenso do Plan Xeral de 2004, obviando así o decreto de fomento do galego do Goberno Bipartito (un matiz que non debe pasar desapercibido).
Feijoó non mediu as consecuencias que conlevaría o seu compromiso con Galicia Bilingüe de derrogar o decreto de fomento do galego. Saír deste labirinto estalle hipotecando o primeiro período do mandato, mais aínda, cando xa é consciente que non o poderá facer nin sequera para o vindeiro curso. A necesidade de modificar, tamén, os decretos de currículum das ensinanzas obrigatorias, aos que están enganchados o de fomento do galego, require un trámite longo no que é preceptivo (por poñer só un caso) o ditame do Consello Escolar de Galicia. O mesmo acontece coa cuestión dos libros de texto (o curso que comenza en setembro, incorpóranse novos materiais para 5º e 6º de Educación Primaria), sobre os que Feijoo asumiu outro compromiso, o de modificar o actual sistema de gratuidade mediante préstamo. Se a isto engadimos os custes que suporía outro dos compromisos do PPdeG de acadar ao remate da lexislatura que o 30% dos centros fosen plurilingües, Feijoó ten moi difícil realizar esta cuadratura do círculo.
No entanto, a pesar deste aparente fracaso das prometidas e temibles medidas galegófobas, nestes momentos é máis decisiva ca nunca a voz da sociedade civil, expresada polas súas institucións e entidades, como dende a propia mobilización social. Só así poderemos asegurar o mantemento do actual marco de fomento do galego no sistema educativo. A manifestación do vindeiro domingo debe ser decisiva neste proceso de recuperación dunha grande consenso social arredor deste patrimonio de todos.


Tras o seu 
Esta 
As primeiras actuacións do Goberno Galego sobre o idioma son escasamente esperanzadoras. A Secretaría Xeral de Política Lingüística no organigrama administrativo 


Ao longo desta semana non tiven oportunidade de publicar anotación ningunha sobre o debate de investidura. Sobre a cuestión, remito ás publicadas por
O resto dos compromisos de Feijoo, dende as chamadas á rexeneración democrática, á reforma da CRTVG, á esixencia do cumprimento da Lei de Dependencia, marcarán un novo estilo de comunicación política (en clave xeracional, seguramente) que poden darlle moitos réditos ao novo presidente. Aí a exitosa experiencia demagóxica do Audi de Touriño que, con toda seguridade, será repetida durante a lexislatura.En tempos de crise estas medidas políticas (sen custe económico) son as máis rendibles. Pola contra, os seus 
O xornal 