"A lingua galega na cidade"

Esta semana continuamos coas presentacións do libro do sociolingüista Gabriel Rei-Doval A lingua galega na cidade no século XX. Mergullados na falsa e interesada polémica sobre o decreto de uso do galego no ensino non universitario, a obra de Doval constitúe, como sinalou o tamén sociolingüista Fernando Ramallo, “un libro alerta fundamental para entender a situación social da lingua galega durante os últimos vinte e cinco anos”. Ademais de proporcionar e sistematizar milleiros de datos e de realizar un estudo diacrónico da situación do galego nas sete primeiras cidades do país, o libro achega e arrisca reflexións sobre o futuro da lingua (en medios como a familia ou sobre as posibilidades da regaleguización), polo que a súa utilidade para o proceso de planificación lingúística nos medios urbanos resulta evidente.

Etiquetas:
1 comentario
  1. bouzafria
    bouzafria Dice:

    Cunha temática supoño que semellante, a min pareceume sumamente interesante o ensaio de Ana Iglesias: “Falar galego, no veo por qué”

Los comentarios están desactivados.