The library
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jpsRma-pC2o" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Este vídeo sobre a biblioteca non podiamos deixar de publicalo aquí.
Grazas a Trafegando ronseis.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/jpsRma-pC2o" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Este vídeo sobre a biblioteca non podiamos deixar de publicalo aquí.
Grazas a Trafegando ronseis.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Mf3tRK1e0RM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Ben sabemos que Deolinda é unha marabilla.
Este «Clandestino» (unha das miñas cancións preferidas) é apenas a miña pequena homenaxe para os lectores e lectoras que pasaron esta noite na biblioteca. Os membros de Espazo Lectura son os clandestinos da esperanza.
Beizóns!
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/OyB5HthzUh4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Anuncios como este de Booklist On line (a verdade que o eslogan é pouco afortunado), un servizo da asociación americana de bibliotecarios, son os que precisamos para fomentar o emprego do galego (e, tamén, a lectura, claro está).
Vía Librosfera (gracias).
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, anunciou onte no acto da homenaxe a Marcos Valcárcel, organizado polo PEN Clube (beizóns para Tosar pola organización e as súas palabras oportunas e valentes), que o Goberno Galego declarará 2010 como «Ano da Lectura» en Galicia.
Un dos poucos compromisos electorais que se pon en marcha. Aledámonos desta medida que dende hai tempo vimos defendendo. A lectura en Galicia precisa un momento de inflexión, un arreón nese esforzo compartido. Agardamos que esta celebración supoña ese pulo necesario.
[Grazas pola foto, tirada da reportaxe de As uvas da solaina.]

En varias ocasións temos gabado o gran traballo que realiza Espazo Lectura, un modelo de voluntariado pola lectura que traballa infatigablemente na comarca do Val Miñor. Hoxe, a asociación que preside Concha Costas, dá un paso moi importante coa inauguración da Casa da Lectura, un espazo para a convivencia lectora arranxado polos voluntarios e voluntarias na que fora Escola Infantil de Donas. As nosas beizóns para todos eles.
Acredito que este libro é unha marabilla. Poucas veces gocei tanto da beleza da lectura como nestas fotografías de Manuel G.Vicente. Outrosí sucede cos textos, que constitúen unha antoloxía fulcral sobre a lectura, o libro e a biblioteca.
Beizóns para Espazo Lectura!
[recomendo baixar as primeiras 28 páxinas en pdf]
Teresa Moure leu o pasado primeiro de maio un pregón formidable na inauguración da Feira do Libro de Santiago. O novo conselleiro de Cultura, que por vez primeira participaba nun acto público, debeu tomar boa nota. O texto completo do discurso de Teresa Moure pode descargarse aquí. No entanto, recollo dous fragmentos sobre o papel do libreiro e o valor social da lectura que deben quedar ben gardadiños no blog:

Vía Txetxu Barandiarán.

Nunca víramos semellante tratamento para promoción da lectura como o que realiza a revista Woman neste mes de abril. Algo está mudando na imaxe social da lectura para que sexa promocionada en portada. Vaise poñer de moda a lectura e visitar as bibliotecas e librarías?
Vía Librosfera

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
