Café de redacción en «Xornal de Galicia»

Non sei como debeo agradecer a Xornal de Galicia a deferencia de ter organizado un Café de redacción comigo. Máis aínda cando estiven acompañado por xenerosos amigos de meu como Camilo Nogueira, Xabier DoCampo, Manuel M. Barreiro e Óscar Sánchez e de catro profesionais do xornal como a directora María Val, o subdirector Xabier Blanco, o responsable de Cultura Iago Martínez e a fotógrafa Sonia Daponte.

A eles oito a miña maior gratitude polas dúas horas de conversa tan fluída e (permitídeme a inmodestia) interesante sobre cuestións de actualidade política, edición, lectura, lingua, educación e mesmo un pouco de fútbol en clave galega.

O traballo de transcrición e síntese, moi traballado por Iago Martínez, quedou magnífico. Eis os enlaces dos tres grandes apartados e o retrato de IM e o editorial do xornal («Entusiasmo nos malos tempos»):

3 comentarios
  1. caralladas
    caralladas Dice:

    Dis na conversa que en Galicia valoramos os medios en galego cando os perdemos, e que o futuro dos medios e da cultura en galego dependerá das axudas públicas, si, máis do apoio dos lectores tamén. Nesa liña, o blog nosquedaportugal doará 120 euros (recadados coa publicidade googleads inserida na páxina) a dúas entidades seleccionadas polos lectores do blog. de entre unha lista de entidades que propoño. Podes participar votando na enquisa que aparece arriba á dereita do blog, e que estará activa ata o día 10 de setembro. Podedes votar cantos nomes queirades, e a entidade que consiga maior número de votos recibirá 80 euros dos lectores do blog, e a que resulte en segundo lugar, 40 euros.

    Desgraciadamente, o bó recibimento dos lectores á proposta fixo que googleads cortase onte a súa publicidade no blog, eles saberán… pero a miña proposta sería extensíbel a outros blogs e medios en galego. Económicamente non lles servirá de moito aos gañadores, pero espero nos sirva de exemplo a todos. Máis apoio económico e menos manifestos, por favor…

    Tedes ata o 10 de setembro pra votar. Grazas por participar!!

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará