Entradas por bretemas

As inxurias da guerra

No artigo da semana reflexiono sobre a radical inxustiza das guerras do século XXI. O novo ataque de hoxe sobre a poboación civil súmenos na maior das impotencias. Quen pode parar isto? Etiquetas: Artigos, Guerra

Mesa de novidades

Aproveitando que estamos de vacacións, onte escapei un pouco antes da oficina para preguntarlle a Xaime polas últimas novidades. Despois dun bo parrafeo co libreiro sobre o programa da Feira da Coruña, que abrirá o vindeiro martes, e sobre Cultur.gal, o salón da industria cultura que se celebrará a comezos de decembro (anunciarémola nos vindeiros […]

CdC

Sobre o debate da redefinición de usos da Cidade da Cultura paréceme interesantísima a proposta de Nómada. Tecnoloxía, talento e tolerencia articulan unha reflexión moi documentada e chea de suxestións e propostas que cómpre estudar devagariño. Etiquetas: CdC

LOIA

Para dar a coñecer a nosa lingua, LOIA é unha boa idea. Etiquetas: Galego

Primeira lectura

A primeira lectura na Coruña do libro de Rivas resultou magnífica. Marcos Meléndez, acompañado de Gastón Rodríguez, interpretou de forma memorable “Chessman“, o tango do condenado a morte que bordaba Luís Terranova. Tras a lectura por parte de Manolo de catro fragmentos da novela, a harmonía melancólica do serrucho do mestre Viascón pechou un serán […]

Libros con publicidade

Juan propón o debate sobre a posibilidade de insertar reclamos publicitarios nos libros. Existen experiencias xaponesas nas que se emprega unha sobrecuberta desbotable para incluír o apoio publicitario. Se partimos de que o importante é a lectura (a actividade que define o libro e a edición) está posibilidade non me parece desprezable, sempre que este […]