Mesa de novidades

Aproveitando que estamos de vacacións, onte escapei un pouco antes da oficina para preguntarlle a Xaime polas últimas novidades. Despois dun bo parrafeo co libreiro sobre o programa da Feira da Coruña, que abrirá o vindeiro martes, e sobre Cultur.gal, o salón da industria cultura que se celebrará a comezos de decembro (anunciarémola nos vindeiros días), aínda merquei uns cantos discos e libros. Xa lle tiña ganas ás conversas de Paco Rodríguez, ás Memorias de náufragos de Salvador Rodríguez (que estivemos a piques de publicar) e ao último premio Edebé de Jordi Sierra i Fabra. Entre os discos, por fin atopei o de Galegoz (xa lle din unhas cantas voltas, ben, ben, moi ben), as cancións de troula de Aquenlla e o efecto Faltriqueira (cando o escoitei quedei un chisco perplexo). Visitar a libraría e conversar co libreiro é un deses praceres que aconsello frecuentar.

Etiquetas:
3 comentarios
  1. Silvia
    Silvia Dice:

    Topei contigo de casualidade pero estasme a dar moi boas ideas sobre que ler e que escoitar.

    Graciñas dende o extramundi…terra sin lei

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Dime unha cousa, Bragado, ¿por que hai tanto autores da túa editorial obsesionados polos premios, porque os xurados lles dean a razón aínda que despois ninguén vaia ler eses libros, nin sequera os que os compran?, ¿non che parece un pouco ridículo?, a un gran escritor non lle debería importar toda esa merda, porque o tempo ha de xulgalo todo, e se son malos escritores, mellor estar calados, e non estar pelexándose sempre por facer de escritor@s orquestra e por saír nos periódicos; se o que fas é malo, mellor que non se entere ninguén, ¿ti que pensas?

Los comentarios están desactivados.