5 comentarios
  1. Luís G. Tosar
    Luís G. Tosar Dice:

    Pura Vázquez era, foi, pura poeta. Nin nos 40, en Madrid, nin nos 60, en Caracas, nin nos 80, no seu retorno a Ourense, nunca foi ela de nada nin de ninguén. A ideoloxía de Pura era a liberdade, o seu partido, a poesía. Por iso estivo tan soa na morte, tan desamparada nunha longa vida. Pura Vázquez non foi, non, poetisa nacional. Pura foi pura poeta.

  2. marcos valcarcel
    marcos valcarcel Dice:

    Estiven no camposanto de San Francisco, cando caía unha fortísima treboada que nos deixou a todos pingando ata a médula. Non eramos moitos, unhas 20 persoas, a familia, alcalde, presid. da Deputación, outro concelleiro do PP, Luis Menéndez, Maribel Outeiriño, Ánxeles Fdez., Sexis Bobillo, Isaac Alonso Estravís, etc. No funeral houbo un cento escaso de persoas. “Parece que o ceo chora por ela”, dicía un seu sobriño cando a auga nos empapaba a todos. Unha anécdota para a historia: Pura foi enterrada coa bandeira galega e o escudo. Grazas ao empeño de Luis Menéndez, parente indirecto dela, creo, que convenceu ao resto da familia. E, como non había bandeira a man, como se solucionou? Oiu o caso Baltar e aos cinco minutos había alí unha bandeira, non sei se a que ten el no despacho, coa que foi enterrada Pura. Si, ten razón Tosar, foi poeta pura, nada máis. Nada máis lle facía falla para ser lembrada por todos nós.

  3. Kami
    Kami Dice:

    NON QUIXERA PERDER ISTES RELEMBROS

    Non quero que me atrapen as arañas,
    do esquecemento. Os fíos que devoran
    dentro de nós. Os que antes viviramos.

    Nin a extraña ardentía asuma os esqueceres
    nas moradas do espírito abatendo as lembranzas.

    Mellor arder á costas do silencio. Voltar
    ó oscuro de dentro do nacer, non ser nada.
    Vivir entre as pobrezas dos lagoeiros secos.

    Quero a loita tenace co ise insondable olvido
    das estancias pechadas. Sen fiestras nin petunias
    e sen soños de luz nin o ouro dunha estrela.
    Vivir sen acadar os altos paraísos
    onde os soños arrolan.
    Gozar dun espertar co sol no corazón.

    Voltar á leda vida que nos abraza. As luces
    do vagalume, os ortos propagando a ledicia
    no centro de mín mesma, na renacida entraña.

    (Pura Vázquez)

  4. Cesare
    Cesare Dice:

    eu non fun porque o traballo me xogou ás malas esa tarde, pero gustaría de ir aló. Aínda que fose unicamente en agradecemento a aquel chocolate con biscoitos que me serviu na súa casa, hai agora quince anos, cando eu era aínda máis miñoca.

  5. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Cesare, a foto é un recorte da aparecida en “Galicia hoxe”.
    Sei que estivo na nosa factoría, mais non puidemos nin sequera saudarnos. Mágoa! Mándolle unha apreta saudosa.

Los comentarios están desactivados.