Entradas por bretemas

Enrique Macías, un xenio autodidacta

Hoxe Agatha Santos dedica en Faro unha páxina completa á figura e á obra do noso amigo o músico contemporáneo Enrique X. Macías. O vindeiro 18 de maio renderáselle unha homenaxe, con motivo do cincuentenario do seu nacemento. Unha iniciativa da Concellaría de Cultura que merece o noso recoñecemento. Etiquetas: Enrique_X_Macías

Vigo, pechan librarías, abrirá FNAC

Hoxe na edición de Vigo de La Voz de Galicia aparecen xuntas tres noticias moi significativas: “no pasado ano pecharon en Vigo corenta establecementos nos que se vendían libros“; “a firma de ocio cultural FNAC quere ianugurar a tenda de Vigo en 2009” e “só quedan catro establecementos de venda de música“. Ou noutras palabras, […]

Premios Nacionais de Cultura

Moi boa noticia é a convocatoria dos Premios Nacionais de Cultura. A Consellaría de Cultura cumpre así un compromiso programático dos partidos do goberno e pon en marcha unha das iniciativas previstas na Lei do Libro e a Lectura. As dez categorías convocadas asumen, basicamente, o modelo dos Premis Nacionals de Cultura de Catalunya (quince […]

O gol de Diego Costa

Diego Costa, o mediopunta brasileiro do Celta é un xogador fantástico, capaz de realizar xogadas de figura e tamén partidos e accións absolutamente decepcionantes. Hoxe en Soria marcou dous goles marabillosos e fixo resucitar a un Celta que criamos morto. O segundo gol, arrincando dende o medio campo e caneando a todos os que se […]

Por que non les isto?

Este anuncio utiliza o concepto de lectura que tantas veces temos defendido aquí. Creo que este é un dos mellores camiños para este tipo de campañas de fomento da lectura. Vía: Espazo de lectura.

Morreu Agustín Díaz Blanco

Fermosas e atinadas as palabras de Pereiro. Agustín Díaz foi un dos grandes do xornalismo galego das tres últimas décadas. Recordaremos sempre a Tincho como un xornalista comprometido, informadísimo, rigoroso, agarimoso, políglota, camiñante… Unha gran perda. Con todos os abrazos para os seus. Etiquetas: Agustín_Díaz_Blanco