Entradas por bretemas

O libro dixital en Galicia

Mañá intervirei no VI Simposio «O libro e a lectura» dedicado ao presente e futuro do libro dixital. Os organizadores pedíronme unha achega sobre «O libro dixital en Galicia». Na miña intervención (o texto completo pódese baixar aquí en pdf, nove folios) pretendo tratar catro grandes cuestións que no meu entender permitirán achegarnos á situación […]

«O libro dixital: presente e futuro»

Este ano o tradicional Simposio sobre o libro e a lectura, que se celebrará os xoves e venres vindeiros,  xirará sobre o presente e futuro do libro dixital. Énchenos de fachenda que este encontro profesional, organizado pola Asociación Galega de Editores,  iniciado hai cinco anos, se consolidase como unha cita de referencia para tomarlle cada […]

Campo do Fragoso LXXXIV

BENDITA VITORIA! Custou ferro e fariña que tras seis partidos na casa o Celta de Eusebio obtivese onte fronte ao pechacancelas a súa primeira vitoria da tempada. Non abondaba coas boas sensacións amosadas polo equipo en empates obtidos en xornadas anteriores, nin tampouco as dúas claras vitorias de Copa, o Celta precisaba gañarlle hoxe ao […]

O Celta segundo equipo de Vilalba

Esta é unha proba contundente de que o sentimento celtista é un sentimento galego. O artigo de Xulio Xiz, que considera o Celta como o segundo equipo de Vilalba, pon o dedo na chaga sobre cal é a esencia do equipo da cruz de Santiago: Hai equipos de fútbol que, polo que comentan os entendidos, […]

Lingua de liberdade, acto cívico, 14 de novembro

Galego Patrimonio da Humanidade convoca Lingua de liberdade, un acto cívico a prol da lingua galega o vindeiro sábado 14 de novembro, a partir das 12 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela. No acto, que estará conducido por Candido Pazó. intervirán representantes de colectivos sociais, os secretarios xerais de UXT, José Antonio Gómez, […]

«Setembro do 75»

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/FR4JxQ4WiuA” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/llDtvwRv8gE” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A Asemblea Repúblicana de Vigo organizou mañá martes, 3 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo a proxección da película Septiembre del 75 do realizador Adolfo Dufor. O filme, que ven de obter o Segundo Premio  na sección […]

«II Mostra de Ciencia e Cinema», balance

Tras dous días intensos na Coruña participando das actividades da Mostra de Ciencia e Cinema é o momento de facer algúns comentarios sobre tan magnífica experiencia. Unha mostra modélica, tanto na confección dun interesantísimo programa (unha das tantas responsabilidades dese grande home orquestra chamado Martin Pawley que non parou un minuto durante toda a semana) […]