«O libro dixital: presente e futuro»

Este ano o tradicional Simposio sobre o libro e a lectura, que se celebrará os xoves e venres vindeiros,  xirará sobre o presente e futuro do libro dixital. Énchenos de fachenda que este encontro profesional, organizado pola Asociación Galega de Editores,  iniciado hai cinco anos, se consolidase como unha cita de referencia para tomarlle cada ano o pulso aos temas principais do sector do libro en Galicia.

Ademais, o  programa desta edición (pode baixarse en pdf), alóngase cun curso para editores sobre o mesmo tema, impartido polo noso admirado Javier Celaya.

Agradezo aos organizadores o convite que me fixeron para intervir o venres a primeira hora de mañá para falar sobre «O libro dixital en Galicia». Dentro das escasas posibilidades da nosa axenda nestas semanas xa de campaña de nadal, daremos conta dos contidos dos debates e intervencións que, con certeza, serán seguidos con maior atención en diversos blogs de lectura e libros.

2 comentarios

Trackbacks y pingbacks

  1. […] intervirei no VI Simposio «O libro e a lectura» dedicado ao presente e futuro do libro dixital. Os organizadores pedíronme unha achega sobre «O […]

Los comentarios están desactivados.