Entradas por bretemas

Compostela branca

Non tiven a fortuna de vivir a grande nevarada que caíu onte sobre Compostela. Nas fotos presenta a súa faciana menos coñecida, que, con seguridade, alguén acuñará na historia desta cidade de letras e signos fascinante para os escritores: «cidade onde vagan os homes e as horas» (Salvador García Bodaño); «cidade que parece construída o […]

Don Paco, home luz

Don Paco, Francisco Fernández del Riego, recibiu esta tarde unha pequena homenaxe con motivo do seu noventa e sete aniversario. Un grupo de amigos e amigas reuniuse na viguesa praza de Compostela, onde vive, para render tributo a quen durante toda unha vida leva laboreando de forma infatigable por un ideal noble: organizar en Galicia […]

Bos Aires, xaneiro 1950

Castelao viaxou a París en 1946, enviado polo Consello de Galiza, para participar como ministro galeguista no Goberno republicano que presidía Giral. De volta a Buenos Aires, en agosto de 1947, padecendo xa os primeiros síntomas da doenza que o levaría á morte, púxose a traballar no segundo volume de Sempre en Galiza, no que […]

Os blogs xa non son o que eran

Arturo Losada de Xornal de Galicia tivo a amabilidade de facer unha reportaxe con motivo do quinto aniversario destas brétemas e dos blogs do meu amigo Jaureguizar. Os blogs (e, loxicamente, os blogs en galego) mudaron de fasquía e funcionalidade non hai dúbida ningunha, mais non morreron e nunca tantos se actualizan cada día na […]

O noso idioma á intemperie

No artigo dominical de Faro de Vigo, publicado hoxe, valoro o enfoque político do borrador do decreto de plurilingüismo no sistema educativo. Tempo haberá de debullar os contidos do documento no referido a cuestións educativas e editoriais. Refén do compromiso co seu electorado de rematar con «la imposición del gallego» e consciente da debilidade política […]

Campo do Fragoso LXXXVII

NADA NOVO Mágoa que algún dos ranchos de Reis, como foi tradición durante tantos e tanos anos,  non desfilase onte no primeiro partido do ano en Balaídos. Con certeza que os seus ritmos de chascarraschás e as espectaculares evolucións dos seus bandeiras animaría un chisco á cada vez máis minguada bancada celeste que comeza outro […]

Quinto aniversario

Hoxe estas brétemas chegan o seu quinto aniversario. Dende aquela primeira anotación levamos publicadas 2.623 (383 neste quinto ano)  e recibidos 7.308 comentarios, cifras que amosan unha certa ralentización do ritmo de publicación con respecto a anos anteriores. Un feito ao que sabemos non son alleas nin a nosa intensa participación no blog de Xerais […]

AGARDO QUE NO 2010 NON FALTE VENTO NAS VELAS

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/N9kdHXrJYF8″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Agardo que no 2010 non falte vento nas velas, que boa falta nos fai. Saúde, ventura e lectura galega. Con todos os abrazos e beizóns. [Velaí a miña tradicional homenaxe a Oasis na fin de cada ano.]

Feijóo equidistante?

Mentres agardamos coñecer o contido do borrador, que será anunciado tras a xuntanza do Consello da Xunta nas instalacións de San Caetano (contraprogramando a protesta de Queremos Galego, algo insólito), non semella difícil facer unha composición de lugar dos termos políticos nos que o Goberno Galego manexará a súa proposta: Feijóo situarase nunha posición centrista […]