Entradas por bretemas

Agustín e Xabier, amigos por palabras

Iago Martínez, asina en Xornal de Galicia, outra das súas grandes entrevistas. Desta volta reuníu a Agustín Fernández Paz e Xabier DoCampo nunha longa conversa na que os dous escritores da Xeración Lamote abordan boa parte da súa andaina xuntos durante corenta anos. Un texto moi recomendable para coñecer a dous dos nosos máis grandes […]

Que erro tan grande!

«Que erro tan grande darlle máis poder nas aulas a uns pais que perderon o seu na casa.» Creo que esta frase, que lin nun comentario de Facebook e que recolle en Twitter Descalza, describe mellor ca ningunha outra as dimensións do erro enorme que vai cometer o PPdeGalicia presentando ese proxecto de decreto (chamado) […]

Todos e todas con Agustín

Mañá sábado,13 de marzo, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra celebrarase a homenaxe a Agustín Fernández Paz que lle tributa o Salón do Libro de Pontevedra. Durante todo o Salón estivo instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente […]

Deseño de portadas

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/yoDCiTsS7dU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Aínda que a nós custounos moito máis tempo o redeseño das cubertas da colección Xerais Narrativa, da que comezan a aparecer os primeiros títulos, e a pesar de que utilizamos menos o CS4 do que aquí se presenta, este vídeo é unha fermosa homenaxe para o noso compañeiro o […]

Ok Go

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/qybUFnY7Y8w” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] Para celebrar día tan radiante (e frío) propoño pasmar con esta unha secuencia complexa, que leva case sete millóns de visionados en apenas dez días. Vía Mirá.

Publicados en galego os dous volumes d' «O segundo sexo» e un libro de Steiner

Poucas veces sentín maior alivio por ter culminado un proxecto de edición cando esta mañán chegaron da imprenta os exemplares de control de calidade do segundo volume d’ O segundo sexo. Tras unha década de traballo da tradutora, a teimosa e rigorosísima Marga Rodríguez Marcuño, por fin poden lerse na lingua de noso as máis […]

Desván de los Monjes, non era unha lenda urbana

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TAxDHlS0Ef4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] A pesar do desmentido de Roberto Varela o pasado 24 de febreiro en El Correo Gallego, no segundo 18 do vídeo podemos comprobar que o de «Desván de los monjes» non era unha lenda urbana. O vídeo completo («Magia y ocio en el Camino: paquetes turísticos de Terras de […]

Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre as caixas

Aconsello escoitar estes quince minutos da tertulia da Radio Galega do pasado venres á noite. Carlos Príncipe fala sen cancelas sobre como funciona Caixanova. Algúns treitos das súas palabras son impresionantes, non tanto porque non coñecésemos os datos e os nomes que achega, senón polo que denotan da forza de determinados poderes económicos. Magnífico complemento […]