Entradas por bretemas

Frankfurt 2010, as imaxes

No meu perfil de Facebook publiquei a reportaxe fotográfica que fixen co teléfono móbil no Líber e na Feira de Frankfurt. Incluín nos pés de fotos algúns comentarios ao fío. Como documento complementario das catro crónicas sobre a Feira pode ter o seu interese. [Na foto: Masaxes para os visitantes proporcionados por fisioterapeutas contratados pola […]

Frankfurt 2010/ e 4

Dedicamos a derradeira xornada para visitar o pavillón dedicado á lingua inglesa, onde case sempre se producen as maiores noticias  de Frankfurt, para dar sequera un paseíño pola exposición arxentina. Sendo sábado, o nivel de estrondo da Feira aumenta a niveis pouco soportables nos novos pavillóns 1 e 3 aos que acude o entusiasta e […]

Frankfurt 2010/3

A de onte foi a xornada da presentación en Frankfurt da Anthology of Galician Literature de Jonathan Dunne, coeditada por Galaxia e Xerais. O acto resultou entrañable, sobre todo cando Dunne rematou a súa intervención en inglés lendo a súa magnífica tradución da «Letanía de Galicia» de Uxío Novoneyra. Porén, a propia fasquía do acto […]

Frankfurt 2010/2

Como adiantabamos onte, o xoves foi o día do Nobel na Feira. Debeu ser a providencia laica a que aconsellou ao Grupo Santillana organizar o seu cóctel á mesma hora na que en Estocolmo se anunciaba o Nobel de Literatura. Un estourido de voces anunciou alí o nome de Vargas Llosa, hoxe o autor primeiro […]

Frankfurt 2010/1

A presenza na Feira do Libro de Frankfurt sinala para min o comezo do outono. Tamén será así na edición deste ano dedicada a Arxentina e protagonizada pola presenza do IPAD no imaxinario de moitos editores e nalgúns, poucos, dos espazos do famoso pavillon 4.2 dedicado á edición dixital (especialmente) educativa que agardo poder visitar […]

48horas Democracia

Admirable iniciativa de seguimento cidadán das eleccións brasileiras. A combinación entre o emprego colaborativo de Twitter e o uso de streaming permite unha publicación á marxe dos medios de comunicación comerciais. Vía: Por un BNG de futuro e con futuro.

Campo do Fragoso XCIV

A VONTADE DOS GAÑADORES Foi Jorge Valdano, actual director general do Real Madrid, quen acuñou que “O fútbol é un estado de ánimo”. Unha oración afortunada para expresar que o fútbol é un deporte cuxo resultado depende en boa medida da combinación de dous factores, a enerxía e a tensión. Semella que seguindo este esquema […]