Entradas por bretemas

Campo do Fragoso XCIX

GOL MOI DOCE Daba gloria ver as facianas de ledicia dos seareiros celestes tras o remate do derradeiro encontro deste ano. Tras case catro meses de competición, este Celta cada semana dálle máis folgos as nosas esperanzas e fainos vibrar con maior intensidade na bancada. Non foi doada nin moito menos esta vitoria fronte ao […]

WikiRebels

Un moi interesante documental da televisión sueca sobre o fenómeno de WikiLeaks. Está subtitulado en castelán e dura case unha hora (para activar os subtítulos, preme sobre CC). Paga a pena. Moitas grazas a La Huella Digital.

«Periferia» de Iolanda Zúñiga, o booktrailer

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/6aoTiBbM4iQ” width=”750″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Booktrailer de Periferia de Iolanda Zúñiga, novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2010. O guión e a realización, como as anteriores pezas deste tipo promovidas por Xerais, é de David Rodríguez.

Celtic Roots

[kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/QEF0IhKILuk” width=”740″ height=”448″ wmode=”transparent” /] Celtic Roots – The Anthem from Casa de Tolos on Vimeo. Estas cousas son as que me fan chorar. Este proxecto educativo é unha pasada! Iniciativas desta fasquía amosan que temos futuro. Parabéns aos meus amigos do Colexio Humberto Juanes de Nigrán.

«O meu nome é Luís Ferreiro»

Moito lamentamos o pasado xoves o profesor Xesús Alonso Montero e mais eu, durante a viaxe que fixemos a Monforte para presentar a segunda edición das Cartas de republicanos galegos condenados a morte, non poder acompañar a Ferreiro en Vigo na presentación do documental que protagoniza. Coñecemos o heroísmo e a dignidade deste vello militante […]

WikiLeaks e os dereitos dos cibercidadáns

A verdade é que non seguín con moita atención as primeiras filtracións de WikiLeaks referidas ás guerras de Irak e Afganistán. Porén, tras o Cablegate do Departamento de Estado e tras a detención preventiva de Julian Assange, o asunto tenme conmocionado. Máis alá do contido dalgúns cables que ispen a figuras como Zapatero, que pasou […]