Entradas por bretemas

Onte 13: reentrada de outono de Xerais

Non vou especular sobre as hipóteses que manexamos sobre o que nos pasou onte. A anotación de Alberto Quián explica de marabilla os límites tan imprecisos existentes hoxe entre algún tipo de xornalismo dixital e o publicado nas redes informativas e sociais. Quen me coñeza sabe que teño insistido nos últimos seis ou sete anos, […]

Onte 12: a illa do pensamento

Foi a terceira vez que participo nestes meses de verán nunha das actividades que se realizan na Illa de san Simón. Tras o ditame dos Premios Xerais en xuño e o Galeuscat de editores de xullo, desta volta a cita foi para intervir no interesantísimo foro que sobre o futuro das industrias culturais, no marco […]

Onte 11: gratitude a Galipedia

Preparando os enlaces da páxina sobre a historia dos Premios da Crítica Galicia (1978-2010) comprobei as importantes carencias existentes na rede sobre a produción cultural galega. A pesar de que a literatura é, con diferenza, a modalidade mellor representada, atopei moitas dificultades para enlazar currículums fiables e actualizados, mesmo dos autores máis destacados. Coa excepción […]

En clave galega

No artigo da semana de Faro de Vigo, ao fío da nova etapa da Fundación dos Premios da Crítica Galicia, reflexiono sobre o que entendo é o traballo asociativo en clave galega. A Reforma Política, a chamada popularmente “Transición”, foi un tempo decisivo, no que se valoraron argumentos e posibilidades políticas que agora, neste tempo […]

Onte 10: horas de lectura

Mergullado na preparación da identidade dixital da Fundación dos Premios da Crítica Galicia –no día quedou aberto blog e perfil de twitter– e na intervención que sobre o futuro do libro debo realizar o luns á tarde na illa de San Simón, só dispuxen dun par de horas para avanzar na lectura do orixinal dunha […]

Onte 9: inicio de curso

Iniciouse o curso nos institutos. A cidade recuperou o seu latexto normal,  aumentou o tráfico de forma considerable (iso dime un taxista) e as familias regresaron as súas rotinas. O inicio do curso sinala, tamén, no meu calendario do editor o remate da  campaña de libro de texto e a  «reentrada literaria de outono», quizais […]

Onte 8: Amazon

Amazon abriu o seu espazo para venda por catálogo virtual de libros españois e gaches diversos. Outro éxito publicitario rotundo da multinacional estadounidense que non precisou doutra estratexia que deixar viralizar a súa páxina pola rede nosa que a recibiu cos brazos abertos e moi escaso espírito crítico. Unha actitude moi diferente ao muro de […]

Carta de María Xosé Queizán ao Consello Municipal da Muller de Vigo

A escritora María Xosé Queizán enviounos copia da carta que onte dirixiu ao Consello Escolar da Muller de Vigo con motivo da primeira reunión deste mandato. Creo que merece ser difundia pola rede. Queridas amigas e compañeiras feministas: Recibín unha alegría cando souben que no Consello Municipal da Muller do Concello de Vigo, me propuxerades […]

Onte 7: premios en clave de país

Os membros da directiva da Fundación Premios da Crítica Galicia aprobamos as bases dos premios e a composición dos xurados de cada unha das modalidades. O 22 de outubro, no devir da cea que se celebrará no Hotel Os Escudos de Vigo, coñeceremos o resultado dunhas deliberacións que pretenden recoñecer a excelencia e os mellores […]

Onte 6: l'escola en catalá

O Congreso aprobou a moción de ERC a prol do mantemento do modelo educativo de inmersión lingüística en Catalunya. Cos votos dos grupos nacionalistas, de esquerda e de todo o PSOE desfaise, por vez primeira en Madrid, o tabú da inmersión, un modelo de convivencia educativa identificado polos conservadores e españolistas coa falacia da “imposición” […]